RECUPERANDO A MEMORIA


SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
 NA GUARDA
José Antonio Uris Guisantes      
Paredón onde está a Fosa Común, en 1978. Fotografía de José A. Uris Guisantes
Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" e súa compañeira Concepción Andrés García "Concha" en agosto 1994
Patio de abaixo da Prisión Habilitada de O Pasaxe (camposancos) onde debían formar os presos dúas veces por día.
Juan Noia Xil en 1985, dirixindo a palabra diante de militantes socialistas de Vigo e da Bisbarra, antes da inauguración da Fosa Común,. Como é sabido Juan Noia foi fundador e membro do Partido Galeguista de A Guarda. En 1985 era presidente da Agrupación Socialista de A Guarda..
Fotografía de José A. Uris Guisantes.


Situación da antiga Prisión Habilitada de O Pasaxe en 2005. Fotografía de José Mª González Alonso
Manolo Taxota e Concha en 1947
Brasilino Álvarez Sobrino nos anos mozos
15 agosto 1986 Inauguración Fosa Común. Fala Taxota presidente da Comisión Pro Fosa Común.
Fotografía de Prudencio Martínez Pena
Viúvas e familiares de fusilados asturianos en 1986 na Fosa Común
Estado en que estaba a Fosa Común no ano 1981.
Fotografía de José A. Uris Guisantes
Certificado da Liberación de ManuelDomínguez Pacheco
Honorio Brasilino Álvarez Sobrino
Dolores Domínguez Pacheco "Lola". Juan Noia Xil nos montes de OIA en 1947. Lola Domínguez
Roque Camilo Carrero Lorenzo.
Eduardo Pantaleón Saúl
Eduardo Pantaleón Saúl e súa compañeira Teresa Estévez Fernández, xunto a  Alfonso Martínez Peniza e súa compañeira nunha voda
Sinaturas dos concelleiros na Corporación, presidida por Brasilino Álvarez Sobrino
 Voluntario republicanos en Tui no 26 de xullo de 1936, procedía de Baiona
José Cardoso Martínez "O Barbeiro" de San Miguel de Tabagón O Rosal

Antonio Domínguez Pacheco
Angel Domínguez Pacheco
Manuel Noia Xil. Líder da Federación Obreira e ex Alcalde de A Guarda
Roque Camilo Carrero Lorenzo nos anos mozos
Vista xeral da antiga Prisión Habilitada ou Campo de Concentración de Prisioneiros e Presentados no pasaxe


CAMPOS  DE CONCENTRACIÓN
Aranda de Duero (Burgos) En 1938 1.702 presos
Los Arenales (Cáceres) 838 presos

Arévalo (Ávila) sen datos
Astorga (León) sen datos
Avilés (Asturias)1.672 presos
Badajoz. 176 presos
Barbastro (Huesca) sen datos
Benaguacil (Valencia) sen datos
Burgo de Osma (Soria) sen datos
Cabra (Córdoba)sen datos
Calatayud (Zaragoza)29 presos
Camposancos (A Guarda-Pontevedra)1.434 presos. Capacidade máxima 2.000 presos. Chegou haber  2.307.
Candás (Asturias)sen datos
Caserío de Osío (Cádiz) sen datos
Castro Urdiales (Cantabria) sen datos
Castuera (Badajoz) sen datos
Cedeira (A Coruña)441 presos.
Informe da Inspección:
 Pésimo debe desaparecer inmediatamente.

Corban (Santander)sen datos
Córdoba74 presos
Deusto (Vizcaia)2.428 presos
 Dueso. 2.539 presos
El Hospicio (León)sen datos
Estella (Navarra) 828 presos
El Ferrol del Caudillo (A Coruña)sen datos
Gijón (Asturias)sen datos
Haro (Logroño)sen datos
Jaca (Huesca)276 presos
Jadraque (Guadalajara)sen datos
La Coruña. 81 presos
La Pajera (León)sen datos
Laredo (Cantabria)sen datos
Larrasa (Soria)sen datos
León. 4.074 presos
Lerma (Burgos)761 presos
Lierganes ( Santander) sen datos
Logroño. 1.008 presos
Llanes (Asturias)sen datos
La Magdalena (Cantabria)sen datos
Mallano (Cantabria)sen datos
Medinaceli. Sen datos
Medina de Río Seco (Valladolid) 1.964 presos.


 Informe Inspección:
 Debe desaparecer.


Mérida ( Badajoz)sen datos
Miranda de Ebro (Burgos)1.440 presos
Monasterio de S. Espina (Valladolid) 1.150 presos
Monserrat (Valencia)sen datos
Murguía (Alava)1.221 presos
Muros ( A Coruña) sen datos
Orduña (Vizcaya)3.486 presos
Oviedo.Sen datos
Padrón (A Coruña) sen datos
Palencia 146 presos
Palma de Mallorca. 819 presos
Pamplona (Ciudadela)1.716 presos
Pamplona (Casa Cuartel de la Merced) sen datos
Papelera de Catarroja (Valencia)sen datos
Pinar de Jábaga (Cuenca)sen datos
Plasencia (Cáceres)630 presos.

Informe de Inspección:


 Debe desaparecer de la Plaza de Toros inmediatamente.


Porta Coeli (Valencia) sen datos
Pobra do Caramiñal (A Coruña)sen datos
Puerto de Santa María (Cádiz) sen datos
Rianxo (A Coruña) 349 presos
San Gregorio (Zaragoza) sen datos
San Juan de Mozarrifar (Zaragoza) 300 presos.
Capacidade máxima: 3.000 presos.
San Marcos, Monasterio de, (León) sen datos
San Pedro de Cardeña (Burgos) 1.950 presos
Santa Ana (León)sen datos
Santa María de OIA (Pontevedra sen datos)
Santa María de Huerta (Soria)sen datos
Santa Marta
Santander. 4.120 presos
Santoña (Cantabria) 6.012 presos.


 Informe Inspección:
 El campo de Santoña y Mallano deben suprimirse por la contaminación de sus aguas.


Santo Cildes (Astorga) sen datos
Soneja (Zaragoza)347 presos
Soria. 527 presos
Sueca (Valencia) sen datos
Talavera de la Reina (Toledo ) 373 presos
Torrelavega (Santander)sen datos
Trujillo (Cáceres)523 presos
Valencia de don Juan (León)sen datos
Venta del Poyo (Valencia) sen datos
Zamora. Sen datos
Zaragoza.1.103 presos.






Antonio Domínguez Pacheco  e Manuela Baz Domínguez
 

 

  José A. Uris Guisantes


Manuela Baz Domínguez e Antonio Domínguez Pacheco na fotografía oficial de casamento, cedida pola neta Mª Lucía Domínguez Costoya.


Antes de entrar a destacar o que me interesa diste guardés vou facer unha pequena introducción sobre o contexto no que os tristes sucesos, afectaron a familia composta por Antonio Domínguez Pacheco e esposa Manuela Baz Domínguez.

Diante da barbarie e orxía de sangue, levada a cabo contra los rojos, nos primeiros meses da sublevación militar na Guarda, o medo, o terror e a represión por parte dos militares, organizacións de extrema dereita e fascistas, fixo que moitos traballadores se alistaran na CONS (Central Obreira Nacional Sindicalista), na Falanxe Local, ou como voluntarios no fronte de guerra, integrados na Lexión ou Tercio, nas distintas Bandeiras da Falanxe Galega e na División de Voluntarios ou División Azul, que combatían no exército nazi de Hitler contra Rusia e os comunistas. Estes voluntarios, xunto a todos aqueles mozos recrutados a forza, non tiveron mais remedio que pasarse al otro bando ou sexa ao Glorioso Movemento Nacional, se querían salvar a vida, a que ademais algúns perderon.

A oposición feroz contra todo o que significaba a república comezou no mesmo 14 de abril de 1931 e continuou crecendo días, semanas e meses despois, por iso foi aprobada a Lei para Defensa da República (Gaceta de Madrid 28/10/1931) que de pouco serviu.

O 27 de xullo de 1936, a Falanxe local da Guarda dispuña dunha lista de persoas republicanas que debían ser presas tan pronto entraran as tropas na Vila.O lugar de reunión, de adestramento e conspiración, ata antes da sublevación militar contra a República, foi o interior do forte de Santa Cruz, onde tamén se forxara o partido único de Unión Patriótica na ditadura de don Miguel Primo de Rivera marqués de Estella e pai do fundador de Falanxe, José Antonio Primo de Rivera.
A partir das 15 h. dese mesmo día 27 de xullo, foron casa por casa, detendo a todos aqueles que figuraban nesa lista, agás algúns que foron avisados e puideron agocharse por un tempo, pero tamén foron detidos, por denuncias dos mesmos veciños, ou porque os detiveron in situ, caso de Manuel Noia Xil que foi denunciado por veciños da mesma rúa.
O único que puido fuxir durante tres anos foi seu irmán, Xoán Noia Xil ata que se entregou a autoridades franquistas na Delegación de Orden Público en Vigo tres anos mais tarde.
Como digo, os presos republicanos que figuraban nesa lista feita pola Falanxe Local que presidía Manuel Franco Cadilla (o que foi superado polos acontecementos e suplantado totalmente nas actuacións directas polos membros da Escuadra del Amanecer, dirixidos dende Tui por José Mª Salgado Méndez Núñez e Miguel Saez Mon).
Os republicanos e sindicalistas guardeses presos foron levados en quendas separadas por días, para o antigo colexio dos xesuítas portugueses no Pasaxe de Camposancos, instalacións que estaban incautadas polo Estado dende febreiro de 1932, despois de obrigar a marchar a Portugal aos xesuítas portugueses nun prazo dunha semana. Uns cantos presos (os mais significados ou dirixentes), serían levados directamente a prisión do Partido Xudicial en Tui.
  Tamén varios veciños guardeses, pasados ao Bando Nacional, perderon a vida no fronte de guerra, uns cantos figuraron seus nomes nas fachadas das igrexas como mártires da Patria, outros, aínda hoxe, non apareceron nin os corpos, e outros moitos xa non puideron facer nada contra os sublevados porque xa foran …pasados polas armas…, polos representantes do Glorioso Movimiento Nacional por la Gracia de Dios. Dende rapaz sempre me preguntei, …que Deus será ese que permitía matar e asasinar no seu nome?.
  A verdade é que a maioría dos falecidos no fronte de guerra non tiñan nada que ver ca ideoloxía da Falanxe nin moito menos cas directrices do Exército Salvador da Patria, simplemente cando se alistaron fora para non ser represaliados[1] porque os obrigaran, ou porque mobilizaran súa Quinta uns anos antes. Uns poucos dos alistados, pasaron de ser uns conspicuos activistas políticos de esquerda a furibundos falanxistas, mais sanguinarios que os verdadeiros falanxistas.
  Cinco dos presos internos na prisión provisional do Pasaxe foron tirados por falanxistas e militares os poucos días, por orden do capitán da Garda Civil, Joaquín Teresa Pomares e do tte. de Carabineiros, Salvador Buhigas Novo e asasinados ou paseados, como lles dicían os asasinos, no lugar de Paraños – A Sangriña, a poucos centos de metros da prisión. Outros serían fusilados meses mais tarde e outros mais pasarían a sufrir prisión ou irían obrigados ó fronte de guerra. Os primeiros cinco asasinados foron metidos nunha camioneta propiedade do industrial guardés Isaac González Costal e que conducía Oscar Rodríguez González, fillo de Manuel e Angela, con domicilio no Pasaxe de Camposancos.
Entre eses cinco asasinados estaba Antonio Domínguez Pacheco, cuñado do líder político local Juan Noia Xil. Estes que figuran abaixo foron os detidos mais salientados da lista da Falanxe local: Ángel Domínguez Pacheco, de 35 años, pescador, fillo de José Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira, natural da Guarda, casado con Purificación González Alonso, deixou dous fillos, Olga e Senén Domínguez González.
[…] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).
Xosé Bernardo e María Luz tiveron estes fillos: Manuel, Dolores, Ángel, Antonio, Jesús, Francisco e Elvira Domínguez Pacheco. 
Estes tamén estaban na listas de Falanxe:
Jesús Domínguez Pacheco (irmán dos anteriores preso e xulgado, varios anos incluído nun Batallón de Presos Trabajadores).
José Rodríguez Rodríguez (xulgado en condenado a prisión) Francisco Lloret Gándara (xulgado e condenado a pena de morte, fusilado na Alameda de Tui).
Julio Saavedra Galiñanes, de 26 anos, xornaleiro, fillo de José e María, veciño de Salcidos. Libro 35. Folio 96 do Rexistro Civil. […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).
Herminio Domínguez Pérez, de 22 años, xornaleiro, fillo de Emilio e Benita, natural da Guarda. […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña).
José Manuel Alonso Portela (a) Mero, de 24 anos, chofer, fillo de Juan e María, veciño da Guarda. (asasinado - paseado en Paraños - A Sangriña). […] hallado en el lugar de Paraños, inmediaciones del cementerio de esta Villa, en el día de ayer, muerto por la fuerza pública.
Camilo Carrero Lorenzo, emigrante retornado da República Dominicana, tte. de alcalde e dirixente socialista (xulgado, condenado a pena de morte, fusilado na Alameda de Tui) Basilio Carrero Lorenzo, propietario, presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Camposancos (xulgado e condenado a 30 anos de prisión, falecido de enfermidade na Colonia Penitenciaría da illa de San Simón (Redondela) Joaquín Rodríguez Rodríguez Capitanciño, empregado municipal (xulgado e condenado a 16 anos de prisión).
José Benito Rodríguez Rodríguez (irmán do anterior, xulgado e condenado a 16 anos de prisión, anos mais tarde aparecería degollado nas Laxes sen que a policía descubrira os asasinos, circulando a versión oficial que fuera en una pelea que ninguén creu).
Celestino Álvarez Vicente (carreteiro de Salcidos, xulgado e posto en liberdade ca obriga de presentarse no cuartel da Garda Civil un tempo).
Segundo Fernández Alonso, natural do Rosal, labrego e músico (xulgado e condenado a prisión, 16 anos).
Avelino Barbosa Pérez (ingresou voluntario no Tercio para non ser detido e xulgado por auxilio a rebelión).
Manuel Barbosa Pérez (ingresou no Tercio para non ser detido e xulgado por auxilio a rebelión, faleceu ou foi axustizado polas costas no fronte de guerra, quedou o interrogante).
Isaac Besa González Moure (xulgado e condenado a prisión, ingresado en Batallóns Disciplinarios).
Eloy González Moure (irmán do anterior, xulgado e condenado).
Juliano Díez Álvarez, carteiro e dirixente sindical (fusilado na Alameda de Tui).
Pacífico Fernández Cividanes, xastre e enfermeiro no Centro Sanitario da Guarda- Centro de Higiene Rural, (xulgado e condenado a prisión na illa de San Simón).
Brasilino Álvarez Sobrino, emigrante retornado,propietario, ex alcalde da Guarda e presidente do Partido Galeguista da Guarda (fusilado na Alameda de Tui).
José Rodríguez González. (xulgado e condenado a prisión, indultado).
Isidro Rodríguez Cividanes. Hermelindo Martínez Martinelli de Camposancos (xulgado e condenado a prisión).
Manuel Vicente Portela Manoto, (fusilado na Alameda de Tui).
Areses Rodríguez.
Juan Alfonso González
Adelaido Barredo Sueiro, garda rural no Rosal (fusilado na Alameda de Tui.
E outros dos que non poño o nome porque foron postos en liberdade en poucos días. … Los autores de los asesinatos, he aquí la acusación de Hugh Thomas: […] De los que dirigían los pelotones de ejecución, unos eran simplemente jóvenes que disfrutaban matando. Otros, sin duda, creían que tenían el deber de extirpar las turbias herejías del liberalismo, el socialismo, el comunismo, el anarquismo y la masonería; y cuanto más duraba la guerra, más graves se consideraban estas ideologías[2] …
 

Antonio Domínguez Pacheco.
Como dixen o 10 de agosto de 1936 sería asasinado - paseado Antonio Domínguez Pacheco de 22[3] anos, pescador, fillo de Xosé Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira, …con domicilio en La Guardia nº 9-1º[4]. (Libro 35 Páxina 96 do Rexistro Civil da Guarda) …muerto por la fuerza pública en el lugar de Paraños – Sestas, casado con Manuela Baz[5], no dejando sucesión. Executado polo pelotón de militares e falanxistas que mandaban o capitán da Garda Civil, Joaquín Teresa Pomares e o tte. de carabineiros, Salvador Buhigas Novo. O día 11 de agosto de 1936 foron rexistradas no Rexistro Civil da Guarda as mortes dos republicanos paseados no día anterior que foran tirados da prisión do Pasaxe polos militares e falanxistas, este é o texto oficial: […] fuerza pública de militares y los falangistas locales.. […] Severo Sobrino Vicente, Anselmo Fernández Estevez, Fernando Jiménez Varela (a) Fernandito, Oscar Rodríguez González, Severino Fernández, Abd El Krim y algún otro más[6]…
[…] a la media noche se personó en la casa del sepulturero Piñeiro el médico José Jurado Romero[7], obligándole a que le acompañase al cementerio para observar si alguno estaba aún con vida para rematarlo. José Jurado no pudo llevar a cabo sus satánicos propósitos, porque todos eran cádaveres. El bueno de Piñeiro, impresionadísimo por las escenas escalofriantes que estaba obligado a presenciar en esos fatídicos meses, sobrevivió poco tiempo…
Como dixen antes, todos os que interviron estaban baixo o mando do capitán da Garda Civil Joaquín Teresa Pomares[8] e do tte. de Carabineiros, Salvador Buhigas Novo. Era xuíz no Xulgado da Guarda don Adolfo Rivas Baz[9] e Secretario, Emilio Areal Crespo. Manuela Baz Domínguez levaba no ventre o fillo de ambos Antonio Amado, Domínguez Baz Toñito, finado no 2004.
Manuela protexida por María Álvarez Álvarez das Auroras e súa nai Aurora Álvarez Álvarez (As Auroras).
María republicana de pro que se dedicaba a ensinar as primeiras letras aos nenos/as probes da veciñanza estivo a punto de ser fusilada por roja, o final tivo que tragar aceite de rícino, rapado de pelo a cero, ca prohibición tallante de cubrie a cabeza como castigo e queima en praza pública de tódolos libros que posuía.
Manuela tamén tivo que sufrir o asasinato - paseo por parte da Falanxe de seu irmán Antonio Baz Domínguez (a) Mariana o 24 de setembro de1936 … de 38 años de edad, natural de La Guardia, vecino de Estás (Tomiño), electricista, casado con Gloria Rodríguez González de La Guardia…. Seu corpo apareceu tirado na vía pública en Xinzo (Ponteareas).
Membro da familia dos Pildiricos da Guarda.Tirado da prisión de Tui pola Falanxe Escuadra del Amanecer e executado. Deixou sete fillos, entre eles, Antonio; Mª Gloria; José Benito; Josefina; Ernesto; Avelino (a) Li e Amador Baz Rodríguez (a) Amado.
Tamén era irmán de Juan Antonio, Benito, Antonio, José Benito, Manuel, Dolores e Jesús Baz Domínguez, popularmente familia dos Pildiricos.
Contra o que se di nos distintos informes sobre a profesión de Antonio como pescador a realidade é que seu oficio era de fogueiro nos barcos (bous) en que se enrolou movidos a vapor. Título que tirara cando serviu por súa Quinta na Mariña de Guerra.
No ano 1931, traballaba como fogueiro no buque bacallaeiro movido a vapor de nome Mistral da Pysbe (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España SA).
A Pysbe foi fundada en 1919 por don Luís Legasse de Bigot de Pasajes e don Grandioso Celaya Zabalza de Rentería para dedicarse a pesca en xeral pero en 1927 pasan a especializarse na pesca, preparación e venta de bacallau A sede social estaba na Avda. de la Libertad nº 12,1º (apartado de Correos nº100).
Os dous primeiros bous bacallaeiros foron construídos en Francia co nome de Alfonso XIII[10] e Euskal Erría. En 1928 encargaron outros dous bous nos estaleiros escoceses Hall Ruseell Co Ltd. (Aberdeen) de 1.200 Tb. En 1929 entraron en funcionamento o Mistral e Tramontana de 1.252 Tb. O Mistral cando en 1931 se embarcou Antonio Domínguez estaba recen botado (1929), tiña unha eslora de 64 m; manga, 10,50 m; calado 5,83 m; velocidade de 11 nus e a tripulación podía variar de 42 a 50 tripulantes.
Cando Antonio traballaba nos anos trinta como fogueiro no Mistral os buques traballaban de xeito individual (o bou) nos bancos de pesca de Groenlandia, Islandia, Terranova, Labrador, Norte de Islandia e Norte de Noruega e preto da Isla de los Osos e Mar de Barents.
Na guerra civil o goberno vasco incautouse de cinco bous da empresa Pysbe para preparar bous armados co fin de defender as costas e protexer os convois de barcos mercantes que transportaban víveres, armas, carbón, pezas de recambio ect. O Mistral foi rebautizado como Guipúscoa, combatendo contra a armada franquista en distintas batallas navais ata que 28 de agosto de 1938 foxen a Francia, desembarcando nese día no porto de Bordeos onde a Mariña francesa se incautou do barco.
En 1931 o bou fanaba no mar libre de Islandia, a 2 de maio dese ano a esposa de Antonio recibía por xiro postal 125 ptas. de salario como fogueiro e así varios meses ata que deixou o mar para tentar obter un posto en terra como direi. Mentres Antonio estaba embarcado súa esposa Manuela estaba na casa de María e Aurora Álvarez Álvarez na praza da Constitución (logo os nacionais lle porían Plaza de España).
O 20 de maio de 1931 a esposa de Antonio recibe un telegrama do capitán do bou (a través da empresa ) comunicando que o bou cambiara de lugares de pesca, atopándose neses días pescando sen novidade preto da Isla dos Osos.
O 22 de xuño de 1931 a esposa recibe outro telegrama do capitán do Mistral comunicando que a tripulación se atopaba sen novidade pescando preto da Ila dos Osos. Lembro que segundo os vellos mariñeiros con os que me informei Antonio Domínguez Pacheco tiña o alcume de Amuxo. E seu irmán Francisco tamén de oficio pescador era coñecido como Pixota.
O 16 de xullo de 1931 recibe un telegrama do capitán do barco (a través de Pysbe) no que comunicaban que o bou estaba en rumbo a Pasaxes desde o luns 13, esperando a chegada o porto o 24 ou 25 do mesmo. O que non sei é se unha vez descargado o bacallau os tripulantes tiñan algún tanto por cento das ganancias.
Despois de 1931 e unha vez comeza a rexer a república en España faise necesario acadar os títulos de distintos oficios para traballar en empresas.
En novembro de 1933, Antonio se dirixe por escrito ao vicealmirante xefe da Base Naval principal de Ferrol, […] Antonio Domínguez Pacheco, inscripto al folio 26/919 del Distrito de La Guardia… que en enero de 1927 fue licenciado de la Armada, donde venía desempeñando plaza de fogonero preferente y deseando engancharse como tal en una campaña voluntaria, con arreglo a lo que determinan los reglamentos de Fogonero y de enganches… se digne acceder a la solicitud del certificado… adjuntando certificado de antecedentes penales, de buena conducta y dos fotografías…


Sinatura de Antonio Domínguez Pacheco
Certificado de penais de Antonio Domínguez Pacheco. Cedido por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Debido a que Manuela no estaba de acordo en que navegase polo mares do Norte e menos a pesca do bacallau tentou de que deixara de ir a pesca, polo que con data 16 de setembro de 1933 Antonio dirixe escrito ao director do Centro Sanitario de Higiene Rural (Centro Sanitario) da Guarda, […] Antonio Domínguez Pacheco de 29 años de edad, casado, sin hijos, sabiendo leer y escribir, Suplica de Vd se digne aceptarlo como aspirante para cubrir la plaza de portero de ése Centro.No dudando de su recto criterio se dignará aceptarlo. La Guardia, 16 de septiembre de 1933. Non foi escollido e tivo que seguir como fogueiro.
Certificado de boa conduta asinado polo alcalde guardés don Antolín Silva Vicente. Copia cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Non foi aceptado polo que debeu de embarcar nos barcos de pesca guardeses. Unha vez asasinado a viúva Manuela pasa a transportar e vender peixe no Berbés, pero as Auroras non a deixan seguir e pasa a coser a tea e encher de lá colchóns que vendían no establecemento que as Auroras tiñan na Praza do Relo, así como axudar na sucursal da Compañía La Fe, confeccionando o mesmo tempo ramos e coroas.
Portada da Causa General contra la Dominación Roja, ordenada por Decreto de 26 de abril de 1940, que se seguiu para depurar as responsabilidades delictivas que se cometeran no transcurso da guerra civil española. […]Que Dios guarde al Caudillo en la providencial misión que le tiene encomendada y nos depare el seguro tino con que hemos de conducirnos para que a ninguno de nosotros nos caiga de la mente el nombre y concepto de España, en cuyo honor todos sabremos ser mejores. Fdo. Eduardo Aunós[11].
Esta Causa General contra a República tiña un efecto directo sobre a cidadanía tratando de xustificar a rebelión militar contra un estado lexitimado polas urnas, como foi a Segunda República española. […] recopiló información sobre hechos ocurridos durante la contienda en la zona republicana, fueran de individuos normales o de representantes municipales, fuerzas armadas, sindicatos o partidos políticos.
La información serviría para acusar y abrir innumerables procesos judiciales del aparato represor que acabaría con miles de españoles en la cárcel, y, además, fue utilizado para legitimar la sublevación del 18 de julio de 1936 que acabó con el gobierno republicano, sobre todo en un momento en el que el régimen de Franco sufría un acoso internacional (las potencias aliadas lo condenaron en la conferencia de Postdam de 1945 y en febrero de 1946 la ONU ventaba el ingreso de España).
En vigor hasta los años sesenta del siglo XX, Franco promulgó una ley en 1969 por la que prescribían los delitos cometidos con anterioridad al 1 de abril de 1939 Año de la Victoria.

En 1943 o secretario do xulgado da Guarda, Emilio Areal Crespo, oficia ao Alcalde que […] informe sobre la situación económica e social de los individuos que al margen se expresan.
Pero resulta que no propio xulgado e ademais polo mesmo secretario (que non era tolo) foran asentados no Libro de Defuncións do Rexistro Civil que el mesmo levaba, os asasinatos de varios dos que se solicitaba informe, polo que con tirar unha copia de que era inútil o informe de: Camilo Carrero Lorenzo; Basilio Carrero Lorenzo (finado no Penal da illa de San Simón de enfermidade debido as penalidades sufridas); Antonio Domínguez Pacheco; Ángel Domínguez Pacheco; Brasilino Álvarez Sobrino; Juliano Díez Álvarez; Elidio Álvarez Silva (afogado no Miño cando fuxía a Portugal) e Manuel Noya Gil.
Lugar onde están as cinzas dos irmáns Domínguez Pacheco, esposas e algún fillo, así como as Auroras e cuñada no cemiterio de Sestas.
O Director da Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela oficia ao Alcalde da Guarda comunicando a liberdade definitiva de Xesús Domínguez Pacheco irmán do asasinado Antonio, o 14 de maio de 1943.
Concepción Andrés García e Manuel Domínguez Pacheco, cuñada e irmán de Antonio. María é Aurora Álvarez Álvarez. 
Cédula persoal de María Álvarez Álvarez, das Auroras. Copia cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.

María Álvarez Álvarez das Auroras en 1917. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
María das Auroras era unha muller guardesa, solteira, autodidacta, gran lectora de toda clase de libros, tamén daba clase gratuíta a nenos e nenas, de primeiras letras, escritura, facía de mediadora entre a Biblioteca Circulante e os mesmos alumnos, para que puideran ler nos fogares os libros mais axeitados a súa idade en tempo nos que non había cartos nin para comer.Todo elo sen cobrar unha peseta. O mesmo tempo xunto a súa irmán Aurora rexentaban unha sucursal da Funeraria La Fe sita na Praza da República (hoxe Praza do Relo).
 
María Álvarez Álvarez en 1919. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Aurora Álvarez Álvarez en 1939. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Xunto a súa nai Aurora Álvarez Álvarez, e súa cuñada María González Zarandón, acubillaron no seu fogar a Manuela Baz Domínguez viúva de Antonio mais a seu fillo Antonio Amado Domínguez Baz.  
María González Zarandón en 1939, cuñada de Aurora Álavarez Álvarez. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Manuela Baz Domínguez. Fotografía cedida pola neta Mª Lucía Domínguez Pacheco.
Manuela figura no Rexistro Civil como María, por iso dona Josefa García Segret fala da acollida que tivo na casa de María . Posiblemente confundido o nome co de María das Auroras de quen era a casa e onde estaba acollida Manuela. María das Auroras, se chamaba exactamente Mª Concepción Álvarez Álvarez, nacida o 7 de outubro de 1898, filla de Manuel e Aurora.

Foi presa nos primeiros momentos da entrada das tropas na Guarda (27 de xullo de 1936), sendo obrigada a tomar unhas racións de aceite de rícino, rapado de pelo a cero en acto público na Praza do Relo, ca obriga de non cubrir a cabeza, co fin de que servira de mofa e escarnio como así foi. Mais tarde sería desterrada a Salvaterra. 

María Concepción Álvarez Álvarez en 1926 (Marías das Auroras). Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Queimaron seus libros na Praza da Constitución[12] en acto público e en presencia de militares, falanxistas mulleres das que viñan de misa, co fin de …purificar y que se alcen en las plazas públicas de todos los pueblos de la Nueva España las llamas justicieras de fogatas, que al destruír definitivamente los tóxicos del espíritu almacenados en librerías y bibliotecas, purifiquen el ambiente, librándolo de sus mismos contaminadores…

El franquismo fue un régimen represivo de exclusión ideológica y social. La represión afectó a todos los aspectos de la sociedad española durante casi cuarenta años. Aunque es más conocida la represión política por los últimos estudios sobre consejos de guerra, campos de concentración, y el sistema penitenciario, también fue destacada la represión cultural basada en la quema de publicaciones, la censura y en el control de la información[13].
La dictadura militar persiguió todo aquello que representara la Anti-España: eliminó y encarceló personas, ilegalizó organizaciones y asociaciones, destruyó publicaciones, depuró bibliotecas, y prohibió obras en un intento de borrar las ideas de los enemigos de la sociedad española. La represión cultural formó parte de la represión generalizada de los militares sublevados y fue un capítulo más de la violencia ejercida por la dictadura franquista. Había que limpiar, purificar el país de las ideas subversivas que habían adulterado las esencias españolas. Se trataba de suprimir el pensamiento de los vencidos e imponer el de los vencedores[14]…
O final da súa vida e de acordo con súa nai as Auroras legaron todo o que tiñan a Manuela Baz Domínguez quen no seu día dera a luz un fillo de nome Antonio Amado, non sabendo o pai cando o tiraron da prisión para asasinalo, súa esposa xa levaba no ventre o fillo de ambos.
Como lembranza a seu home, o fillo levou o nome de Antonio Amado Domínguez Baz (reloxeiro e empregado de banca, falecido fai uns anos). A madriña de bautizo foi a propia María Concepción Álvarez, autorizada polo párroco don Saturno Gómez Vila e a que recolleu dalgún xeito (non tiña mais remedio a interesada) en el redil de las ovejas descarriadas… lembremos que fora unha mujer roja…
María Concepción Álvarez Álvarez nos anos cincuenta. Fotografía cedida por Mª Lucía Domínguez Costoya.
A mesma María Álvarez das Auroras convenceu a Antonio Amado para que se preparase en contabilidade para poder ingresar nunha sucursal bancaria, como así foi ingresando no ano 1958 na do Banco Pastor, para en 1962 pasar a central en Vigo do Banco de Santander, trasladándose a Vigo ca esposa Ascensión Costoya Franco e as fillas, María Lucía e Antonia Domínguez Costoya..Antes Antonio Amado tivera no baixo da casa das Auroras unha reloxería.
DNI e fotografía de María Álvarez Álvarez correspondente a 1965. Documento cedido por Mª Lucía Domínguez Costoya.
Manuela Baz Domínguez por medio da prensa se informa de que o goberno de Adolfo Suárez por maioría no Congreso viña de aprobar unha lei sobre o recoñecemento de pensións, asistencia médica - farmacéutica e asistencia social a favor de viúvas, fillos e demais familiares dos españois falecidos como consecuencia ou con ocasión da pasada guerra civil.
A pensión sería de 8.172 ptas. mensuais, con efecto retroactivo desde o 1º de maio de 1976.

Antonio Amado Domínguez Baz Toñito na fotografía cedida por Emilio Rolan Mosquera o nº 3 de garabata. No campo do Codesal en Camposancos.
Certificación literal da morte de Antonio Domínguez Pachec. Documento cedido por súa neta Mª Lucía Domínguez Costoya.
Primeiro falecería Aurora, logo María e mais tarde María González Zarandón. […] Todas las guerras son crueles, pero las civiles son sumamente crueles porque dividen familias, suscitan odios, enfrentan a hermanos en el campo de batalla y prolongan en la posguerra los odios y permanece para muchos años la división de las familias.Los gobiernos culpables de las democracias occidentales que abandonaron a su suerte a la República Española, no fueron ni llevados a Consejo de Guerra ni obligados a dimitir; la historia los juzgará. Pero eso no resucitará a los muertos[15].
Salientar meu agradecemento pola achega de datos a neta de Antonio Domínguez Pacheco e Manuela Baz Domínguez, Mª Lucía Domínguez Costoya.
Joxé A. Uris Guisantes ----
[1] Polo menos os que estaban na famosa Lista de Falanxe. [2] Cita de Hug Thomas (Madridejos 1978). [3] Idade que pon no Rexistro Civil. Libro 35. [4] No Rexistro non pon o nome da rúa, pero era Baixo Muro nº 7. [5] No Rexistro Civil figura María Baz Domínguez. [6] Juan Noia Xil en el libro Fuxidos de su autoría edición de Venezuela de 1976. [7] Membro da 1ª xestora municipal como Síndico que chegaría a ser alcalde de Tui (1951-1957) [8] El Capitán de la Guardia Civil de Vigo, Joaquin Teresa Pomares. Pag. 368. Los Rojos de la Guardia Civil.2006. Autor: José Luís Cervero. [9] Como los militares y falangistas lo tenían fichado como republicano le dieron las actas hechas. [10] Na república levaba o nome de Hispania [11] Ministro de Xustiza cando se publicou o libro en 1943. [12] De inmediato puxeron Plaza de España, hoxe Praza do Relo. [13] Casanova J.Morir, matar,sobrevivir.La violencia en la dictadura de Franco.Crítica.2002. [14] Vid.Richards,M.Un tiempo de silencio.La guerra civil y la cultura de la represión en la España de Franco,1936-1945.Crítica.barcelona.1999. [15] Cita de Arthur Koestre





HISTORIA DO COLEXIO DOS JESUITAS DA PASAXE (3)


Viernes 4 de Marzo de 2005

José Antonio Uris Guisantes
 
 
Nesta última entrega, remataremo-lo listado de alumnos e coñeceremos detalles do seu funcionamento como campo de concentración durante a Guerra Civil, así como diversos aspectos do desenrolo empresarial da zona ó longo da historia do edificio.

D.José Ramón Sobrino Arias “Don Pepe”.
(Fillo do Alcalde guardés don Agustin Sobrino Vicente, médico e industrial guardés, dono do Hotel Pazo Santa Tecla e de cetarias de lagosta sitas en Laxe do Can)
I ANO
Alonso Pérez Vázquez
Antonio Conde Castilla
Casiano Troncoso Pérez
Daniel Aler Tárrago
Ernesto Rodríguez Cividanes (guardés)
Francisco Alvarez Conzi (guardés)
Francisco Fuentes Pecellin
Francisco Hermida Franco
Francisco Torres Muñoz
Heliodoro Fernandez Valdivieso
Javier Bugallal y Pérez de Castro
José Conde Cadilla
José González Carrera
José P. Manuel Alonso Villa
Juan Blanco Alvarez
Juan Coura Domínguez
Juan M. Somoza Cortés
León Hulla Elola
Luís Aller Ulloa
Luís Berea Rodrigo
Luís Carnero Martínez
Luís González Novoa
Mauro Alonso Cuenca
Odón Colmenero Sáa
Pedro Bueno Pizarro
Ramiro Arceo Martínez
Ramón Armada Quiroga
Santos Carnero Martínez
Víctor Lago Pastor
PREPARATORIA
Antonio Aler Tarraga
Antonio Maseda Cardóniga
Antonio Rodríguez Bobillo
Carlos Reguera Rodríguez
Benito Varela Varela
Enrique de Ceaa-Bermúdez Ziburu
Ignacio Anta Novoa
Iván Valdés Fernández
José María Alonso Francisco
José María Domínguez Alvarez
José Ramón Diéguez Cervela
José Sáez Món
Manuel Fernández Pereira
Paulino Souto Neira
Segundo Trincado Fernández.
Neste ano 1898 ten lugar o VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO COLEXIO APÓSTOO SANTIAGO 1872 (ANCEIS A Coruña) – 1898 (O PASAXE – Camposancos-A GUARDA).
O Rector do Colexio era: Padre Vicente Leza.
O presidente da Comisión Organizadora do XXV Aniversario foi don Santiago Ozores Pedrosa, conde de Priegue. Este Conde de Priegue era fillo de don Francisco Javier Ozores Losada e de dona Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado.
A súa vez don Santiago Ozores Pedrosa casou con dona Elena Miranda Santos, nacendo don Javier Ozores Miranda XI Condes de Priegue. D. Javier Ozores Miranda casou con dona María Marchesi de Oya, nacendo don Javier Ozores Marchesi que dende o ano 1971 é o XII Conde de Priegue, casado con dona María del carmen Calderón Espinosa de los Monteros que son os actuais Condes de Priegue.

Escudo de Armas dos Condes de PRIEGUE
Secretarios: D. Angel Pedreira Labadíe e don Maximino Blanco Tenreiro.Tesoureiros: D. Gumersindo Meirás Hurtado e don Rodrigo Prado Tenreiro.
O día 13 de abril comezan os actos con una misa de comunión xeral, oficiando o bispo da diócesis don Valeriano Mendez Conde, facendo a Iª Comunión os alumnos don Paulino Souto Neira e don José María Alonso Francisco. O bispo foi axudado polo Mestre de Escola do bispado de Ourense don Anastasio Flórez, don Santiago Ozores Pedrosa, capitán de artillería e don Heliodoro Santos Cuero, Axudante de Mariña do porto de Vigo.
Asistentes invitados: D. Manuel Rivas, Alcalde de A Guarda; D. Fernando Fernández Mustelier, Axudante de Mariña de A Guarda; D. JuanSánchez, Arcipestre; D. Higinio Troncoso; D. César Troncoso; D. Ricardo González; D. Mauro Fernández; D. Ricardo Lomba; D. Leonardo Alvarez (médico do Colexio); D. Francisco Novoa; D. Rafael Alvarez, é un montón de ex alumnos……..
O patio e cobertizo superior foi construido baixo a dirección do padre Alcolado que era inxeneiro e ex profesor en Madrid da Escuela de Caminos, Canales y Puertos. O patio e cobertizo tiñan 58 metros de longo por trece de ancho. Os comesais neste primeiro dia do XXV Aniversario foron 300.
A orquesta e coro do Colexio foron reforzados con don Ramón Salazar, don José Basadre e don Evaristo Bargiela que era “sochantre”, organista e tenor segundo da Catedral de Tui, os cales interpretaron a Misa de Sochantres do mestre García.
Como as comunicacións por estrada seguían pésimas ainda neste ano 1898 a “barcas” do Colexio recibiron no peirao de Caminha ( ata Caminha chegaban no tren) as distintas Comisións de A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Vilagarcía, Tui e A Cañiza, todos recibidos pola banda de música do colexio dirixida polo mestre don José Iglesias Sánchez.
O Padre Modesto fernández foi o primeiro profesor no Colexio de ANCEIS é o derradeiro Rector no Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos.
Este acto o que nos referimos foi “amenizado” pola Banda de Música de Caminha, pola noite lanzáronse fogos de lucería da Piroctenia Hijos de Alonso de Palencia.
Os actos deste XXV Aniversario do Colexio Apóstoo Santiago remataron o 14 de abril de 1898 sendo o fotógrafo “oficial” o Sr. Bugarin de Tui, os ex alumnos e familiares de fora da Guarda saíron en dirección Caminha para poder colle-lo tren, outros montaron en carruaxes para seguir a viaxe por estrada, que repito, non reunía as condicións minimas para poder circular axeitadamene……….
Ata 1902 non se normalizou a legalización do Colexio Apóstoo Santiago en Camposancos, pasa+ndo a ser Sociedade Anómima La Enseñanza Católica.
No ano 1904 foi AÑO MARIANO (Cincuenta aniversario do dogma da Virxe Inmaculada) e toda a congregación do Colexio foi en peregrinación (camiñando) ata o mosteiro de OIA para honrar a Virxe do Mar, imaxe que aparecera flotando no mar, fronte a Oia no século XVI.
En 1909 había unha liña de autobuses entre A Guarda e Vigo por 6 pesetas a viaxe, pero a estrada seguía sendo moi deficiente, chea de “baches” e pedras soltas.
No ano 1912 existe o precedente de que varios indianos quixeron fundar un Colexio na Guarda parapobres que logo non saíu adiante. Neste ano xorde un litixio entre a Xunta Administrativa de Camposancos e os xesuítas do Colexio (….) El Ayuntamiento (Alcalde don Agustin Sobrino Vicente) dice que no ha concedido el terreno del jardin exterior del Colegio por la sencilla razón de que no era suyo.….Os P.P. Xesuítas quéixanse ao Concello por inxurias do pobo…(Voz del Tecla nº 83).
No nº 81 de La Voz del Tecla (….) El Colegio realizó durante el año en curso (1913) artículos en La Guardia por 30.832 pesetas, paga al Ayuntamiento 2.500 ptas por el capítulo de impuestos; en su portería se reparte diariamente más de una arroba de pan…….¡que mucho les importa el bien público a ciertas gentes!, les han calificado de ladrones…. O conflicto de reclamación deses terreos dos xardíns durou ata fai poucos anos.
En xullo de 1914 o Colexio dos P.P. Xesuítas recibe a visita da Infanta MaríaIsabel de Borbón “La Chata”(Madrid 1851-Paris 1931), filla da reina Isabel II, daquela tiña a infanta uns 63 anos. Tamén visitou o Colexio das H.H. Carmelitas, igrexa parroquial e as obras do Porto xunto o Alcalde don Agustin Sobrino Vicente e demais autoridades. A Infanta tiña oficialmente a ocupación de: Señora de la Orden de María Luísa. En 1991 seus restos foron soterrados no Palacio de San Ildefonso (Segovia).
Un ano despois estivo tamén no Colexio Monseñor Francisco Ragonessi, Nuncio do Papa en España. En 1915 toma posesión como bispo de TUI don Leopoldo Eijo Garay (Vigo 1878-Vigo 1963) foi nomeado bispo de Vitoria en 1917, en 1923 arcebispo de Madrid-Alcalá, mais tarde o Papa Pío XII o nomea Patriarca da Indias Occidentais, foi Académico da Lingua e Ciencias Morais e Políticas, procurador nas Cortes de Francisco Franco Baamonde, e membro do Consello do Reino, finou…….sendo amigo dos Padres Xesuítas.
No Curso 1914-15 o Colexio Apóstolo Santiago quedou na cota mais baixa que nunca tivo o Colexio – en número de alumnos -, debido as graves dificultades para poder desprazarse dende calquera punto de España ata Camposancos e a que existía unha grave situación económico – social (….) incluso con la desaparición de la sardina – que se juzga temporal – muchas fábricas de salazón están paralizadas…. era Alcalde de Vigo nesas datas don Fernando Conde Domínguez (segundo os datos accedera en 1895, fillo e socio da naviera Antonio Conde e Hijos con líneas a Montivideo, Bós Aires e Santiago de Cuba), logo no Curso 1915-16 xa estaban matriculados 104 alumnos 3 cinco externos.
No ano de 1916 había no Pasaxe os serradoiros de don Constante Candeira González (1851-1933), serradoiros de Candeira Hermanos (Constante e Matías naturais de Ponteareas), fornos de cal e almacén de cal de don Valentin Domínguez Pérez, serraría na Armona, comezaba a traballar o estaleiro Castro.

Porto de O Pasaxe con barcos de ferro fondeados a espera da carga dos serradoiros.
Postal editada polo fotógrafo Mariano Jiménez Huete.
DonValentin Domínguez Pérez (tío de don Eloy e don Manuel Domínguez Veiga)tamén tiña un serradoiro e un forno de cal fundados en 1899 co nome de Manuel Domínguez y Cia. que mercaran a don Teodoro Sabaris Pérez. Os socios da empresa eran don Valentin Domínguez Pérez que aportou a sociedade 23.000 duros; don Manuel Domínguez Veiga 10.000 duros; don Eloy Domínguez Veiga 1.000 duros (doados por seu tío Valentin) e don Basilio Santiago 6.000 duros. Total 40.000 duros de capital.
Os cinco anos crearon outra sociedade co nome de Domínguez, Hermano y Trigo con un capital de 100.000 duros: don Manuel Domínguez Veiga 33.334 duros; don Eloy Domínguez Veiga 33.333 duros e don Celestino Trigo 33.333. Total 100.000 duros.
Esta fábrica-serradoiro era coñecida cómo La Camposina (este nome o levara antes unha fábrica de embutidos La Camposina), nesta fábrica en febreiro de 1915, aconteceu a explosión, antes da entrada ó traballo, dunha caldeira de vapor cando entraban os obreiros pola maña, accidente no que morreron dez obreiros e mais dunha ducia de feridosgraves. Tamén en O Pasaxe –preto do Colexio- había dúas pensións e dúas tendas.

 Panorámica do serradoiro La Camposina en O Pasaxe comezo do século XX. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.
Neste Curso 1916-17 os P.P. Xesuítas Portugueses expulsados de Portugal en 1910, pasaron a Holanda e Bélxica para logo chegar a España en San Martinho de Trebejo ca Escola Apostólica (Cáceres); Juniorado e Filosofado en Santa María de Oya (Pontevedra), redación das revistas “Brotéria e Mensageiro do Coraçao de Jesus” en Pontevedra capital,arrendando e logo A GUARDA, mercando os bens dos xesuítas españois sitos en O Pasaxe (Camposancos) que foron valorados no ano 1914 en 561.500 pesetas, o colexio con tódalas dependencias, seguindo unha traxectoria que durou ata 1932 cando don Manuel AzañaDíaz (presidente da IIª República Española) publicou o Decreto de Disolución de las Ordenes Religiosas (entre elas a Orden da Compañía de Jesús).
En 1932 pasan a Portugal abrindo varias residencias acollendose a Constitución portuguesa de 1933, a que abolíu as leis de excepeción por motivos relixiosos de 1910 e 1941, recoñocendo a Compañía de Xesús como unha Corporación Misioneira, normalizándose a situación xurídica dos xesuítas da Provincia de Portugal.
Os xesuítas españois pasaron a Vigo, primeiro no edificio de La Molinera e logo no complexo de Bellavista en Guixar..

 Edificio de La Molinera en VIGO 1916-1928, antiga fábrica de fariña. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
La Molinera era un edificio de recente construcción (1898) de cinco plantas onde estivera instalada unha fábrica de fariñas que fracasara, dispuña de grandes almacéns sendo algúns dos donos de La Molinera Gallega S.A. don Gaspar Massó, don Francisco Tapias, don Luís Suárez Llanes e don Ceferino Maestú Novoa que foi alcalde de Vigo en 1920.
E o dono da finca Bellavista era don Angel Elduayen Mathet, capitán de navío, fillo de don José Elduayen Gorriti (marqués de Pazo de la Merced, membro do Partido Conservador, chegou a ser ministro ata nove veces, sendo tamén deputado a Cortes, enxeñeiro de camiños, finou en 1897), don Angel tiña o título de marqués herdado da súa defunta muller dona María Ximénez Sandoval Saavedra.
Esta finca de Bellavista en Guixar-Vigo pasa a ser propiedade dos xesuítas españois o 13 de novembro de 1916, legalizada a venta diante do notario de Madrid don Toribio Gimeno Bayón por un importe de 400.000 pesetas mais 16.000 pesetas de Dereitos Reais.
Co fin de evitar “líos” legais os xesuítas fundan a Sociedad La Enseñanza Católica que entre outros negocios revende outra vez as posesións do Colexio de O Pasaxe en 1917 cancelando anteriores hipotecas.
A Condesa de Vigo ( Conde de Vigo foi un título dado en 1810 a don Joaquin Tenreiro Montenegro pola súa actuación diante das tropas francesas na Guerra de Independencia e na defensa e liberación de Vigo), era dona Josefa Tenreiro Montenegro García que axudou economicamente aos xesuítas de Vigo.

 D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja Marqués de Estella e Xefe do Goberno Español
En agosto de 1928 o presidente do goberno don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, segundo marqués de Estella,visita Vigo é o novo Colexio dos P.P. Xesuítas en Bellavista, así como A GUARDA, o monte Tecla e outros lugares da comarca.
No Curso 1937-38 os P.P. Xesuítas de Vigo aproban a creación dun grupo de alumnos chamados Exploradores Hispanos baixo o mando directo da Falanxe Local de Vigo, organizaban campamentos de verán ata a Illa de Arousa, Limens, A Lanzada, Vilanova….

Cartel de propaganda militar do Bando Nacional.
Uniformados e ordenados os alumnos e profesores percorrían as rúas mais importantes de Vigo cada vez que era conquistada unha cidade aos “rojos”. Non digamos cando en 1939 se celebrou o Desfile de la Victoria, acto polo que foron felicitados polo propio Alcalde de Vigo quen enviou ao Colexio varias botellas de xerez e galletas…

Paredón onde está a Fosa Común dos republicanos presos no Campo de Concentración de O pasaxe e fusilados diante da propia fosa. Hoxe o espacio está ocupado polo monumento “in memorian” construído por subscrición popular.
Fotografía e José A. Uris Guisantes de 1978.
Os xesuítas adiantáronse ao Fronte de Xuventudes que naceu en decembro de 1940. (….) todos los alumnos de los Centros de 1ª y 2ª Enseñanza Oficial y Privada forman parte del Frente de Juventudes..
A propia filla do Dictador Francisco Franco Baamonde en 1942, fixo doazón dunha Bandeira Nacional ao Colexio (….) Al Frente de Juventudes del Colegio Apóstol Santiago. Carmencita Franco Polo. 8-XII-1942.
No Curso 1941-42 comezou a estudiar en O Pasaxe o futuro Prefecto da Orden Xesuítica, era o Padre Juan Bautista Llorens nado na ARMONA – Camposancos. Fillo de don Evaristo Llorens Ferrando administrador da empresa “París Hermanos y Cia” que era un serradoiro-fábrica de madeira na Armona.Nestas instalacións estivera unha fábrica de xabón ata 1849, logo mercadas as instalacións por don Domingo Español Cividades en 1875, mercado por don Vicente París Morla de Gandía e en 1940 vendido a Serrarías del Miño S.A. na que tiñan accións a familia Candeira.

Estaleiro de Joaquin Castro en O Pasaxe. Construcción do buque de carga Bernavé ou Chacartegui Iº en 1953. Fotografía propiedade de Joaquin Castro Barcia.
No ano 1942 foi arranxada a Capela pública e inaugurada unha Escola Pública no Pasaxe (sita no antigo edificio onde estivera a Estufa de Desinfección, e hoxe Estación Ornitolóxica de Anabam ), estiveron presentes os Alcaldes de A Guarda e de Vigo.
Os P.P. Xesuítas Portugueses estiveron no Pasaxe -como dixen- dende 1916( data na que o Colexio Apóstolo Santiago se traslada a La Molinera de Vigo), no Mosteiro de OIA tiveron o Noviciado e a Casa de Formación, en Marín e logo en Pontevedra tiveron a Casa de Escritores na que se editaba a revista científica BROTERÍA de sona mundial.

Colexio Nun`Alvres dos P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal en 1925.
Fotografía da súa propiedade.
Na etapa dos Xesuítas da Provincia Portuguesa, o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico nosprofesores. O xesuíta Eugenio Jalhaydescubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra (preto do parque de O Cancelón) e o padre Alfonso Luisier foi un dos grandes botánicos de tódolos tempos.

Aspecto do embarcadoiro de O Pasaxe. Conxunto do Colexio dos P.P. Xesuítas. A esquerda “finca” del Tombo, hoxe Urbanización Río Miño.
A esquerda serradoiros de Serrarías del Miño S.A.
No Curso 1928-29 o Goberno Español obrigou aos P.P. Xesuítas portugueses eliminar o nome de Colexio Nun´ Alvres (o portugués NUN´ ALVRES participara na batalla de Alxubarrota onde as tropas portuguesas derrotaran as tropas castelás en pro da independencia), tendo que poñer o nome de Colexio de María Inmaculada, logo en 1932 o decreto de don. Manuel Azaña Díaz obriga aos portugueses ( é a tódalas Ordenes Relixiosas) deixalo Colexio nun prazo de sete días.
 
D. Manuel Azaña Díaz presidente da IIª República Española.
Algúns veciños de Camposancos (unha pequena parte que logo na guerra civil foi esaxerada), entraron nas dependencias do Colexio roubando e destruíndo parte do mobiliario propiedade dos xesuítas portugueses, logo en 1936, mercé a unhas fotografías sacadas polos xesuítas varios cidadáns foron procesados en Consello de Guerra Sumarísimo.
No ano 1934 o Colexio(mellor dito o edificio porque xa non había Colexio), puído converterse en Hospital Psiquiátrico ( foi un gran protagonista don Bibiano Fernández- Osorio Tafall), pero non chegou a fundarse.

D. Bibiano Fernández Osorio Tafall.
O Alcalde daquela don Antolin Silva Vicente (do Partido Radical de Alejandro Lerroux) foi o derradeiro Administrador das propiedades dos xesuítas no Pasaxe, antes forandon Juan Portela Lomba e don Generoso Lagarejos Rivas ( tamén do Partido Radical fundador da Agrupación del Partido Radical de Los Tabagones, que fora Alcalde de O Rosal).
D. Emilio González López deputado pola ORGA (Organización Galega Autónoma) e membro da Comisión Liquidadora das propiedades dos P.P. Xesuítas Portugueses en O Pasaxe-Camposancos (……) yo tenía el propósito(1934) de instalar en él (Colexio de María Inmaculada de O Pasaxe) el Manicomio General de Galicia, pero necesitaba que las Diputaciones Provincialesenviasen locos a éste Manicomio y nunca logré que se comprometiesen…..
É logo un 27 de xullo de 1936 as tropas “nacionales” de Franco entran na Guarda….incautándose de tódalas instalacións do Colexio e creándose a Prisión Habilitada de Camposancos, ou Campo de Concentración.
No Colexio Apóstoo Santiago de Vigo funcionaban dúas Centuriasdel Frente de Juventudes. Unha chamada“Apóstol Santiago” compostas por cadetes e outra “Méndez Núñez” de frechas.
Segundo refire don Evaristo Rivera Vázquez (…) en octubre de 1937 llegó( A O PASAXE CAMPOSANCOS) la primera tandade prisioneros republicanos compuesta por 3.000 hombres y 180 mujeres…. todos capturados por nuestra gloriosa escuadra al derrumbarse el frente de Asturias. Las mujeres fueron trasladadas muy pronto a otra parte…algunas detenidas dieron a luz entre aquellas venerables paredes…
A finais de 1939 evacuaron as instalacións gran parte dos detidos sendo o Xefe do Campo de Concentración nesas datas o capitán Antonio Fontenla Romero. Pero non foi ata o ano 1941 cando se pechou de forma definitiva o Campo de Concentración de Camposancos, e a devolución oficial de tódalas instalacións do Colexio de María Inmaculada tivo lugar o 18 de setembro de 1941.
Cando os P.P. Xesuítas reclaman unha determinada indemnización o Director Xeral de Prisións daquela don Ignacio Bernardo Álvarez se negou a abonar calquera cantidade aos xesuítas alegando (….) no sólo no fueron causados daños , sino que se hicieron en él edificio algunas reparaciones….
No Curso 1943-44 o Colexio pasa a ser unha Escola Vocacional ou Escola Pre-Apostólica ou Seminario Menor co nome de San Francisco Javier, neste curso había 32 alumnos e sete padres xesuítas que dependían de Vigo (Colexio Apóstoo Santiago en Bellavista)
jesuitas Portugal 2
Colexio dos P.P. Xesuítas da Provincia de Potugalen O Pasaxe-Camposancos.
Chamado tamen Colegio de La Guardia polos propios xesuítas. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.
O primeiro Director desta Escola Vocacional foi o padre Francisco Gómez e no Curso 1958-59 foi pechada esta escola no momento en que había no pasaxe 22 padres xesuítas e 94 alumnos.
O Pasaxe tamén foi Casa de Exercicios para escolares do Colexio de Vigo (…) Desde 1959 el histórico edificio vive de recuerdos, presta los estimables servicios de jubilado hacendoso y espera que un día, al fin, llegue la voz bienhechora que le diga levántate y anda….
Ata 1974 había unha pequena Comunidade no Colexio, serviu como sitio de vacacións no verán de outros colexios relixiosos…

Estaleiros Joaquin Castro Barcia con parte da flota pesqueira guardesa nas “gradas” nos anos setenta.
Fotografía propiedade de Joaquin Castro Barcia.
Escribo en castelán porque interesa este asunto a persoas non galegas:
Nota: Todos los fallecidos en el Campo de Concentración de Camposancos (El Pasaje) y que que no podían ser retirados sus cadáveres por la familia eran enterrados en el cementerio de Camposancos, mientras duró la guerra por oficio del Comandante Militar del Campo de Concentración, luego fueron enterrados en el cementerio de A Guarda.
A partir del 31 de agosto de 1941 ya no aparece en el Registro Civil, ningún otro prisionero de guerra muerto en el Campo de Concentración de Camposancos, debido a que los prisioneros que quedaban fueron enviados a otros penales cerca del lugar de origen de los prisioneros, desde ése momento el Campo de Concentración instalado en el Colegio Apóstol Santiago de los Padres Jesuítas queda clausurado.
Este Colegio fué Prisión Habilitada por los militares “nacionales” para encerrar a los republicanos guardeses, rosaleiros etc.etc. detenidos por los militares cuando entraron en A Guarda el 27 de julio de 1936 (2,30 de la tarde), al romper las tropas la resistencia de los paisanos, guardias civiles, carabineros, marineros del cañonero cabo Fradera de Tui en la curva de A Moura- O Porriño (todos ellos defensores de la IIª República, al igual que los Alcaldes de A Guarda, O Rosal, Tomiño y Tui), la mayor parte fueron fusilados sin juicio previo, y los demás despues de un Consejo de Guerra Sumarísimo.
Inmediatamente después el Colegio fue requisado por la Inspección de Campos de Concentración en julio de 1937, comenzando a “funcionar” la Prisión Habilitada de Camposancos o Campo de Concentración de Camposancos, donde llegaron a estar entre 2.000 a 5.000 prisioneros politicos, llamados “rojos” por los nacionales.

D. José Calvo Sotelo líder da dereita española, asasinado en Madrid antes da sublevación militar.
Los jesuítas atendían como podían, o querían, a los prisioneros a nivel católico-apostólico, el primero que atendió a los prisioneros fue el Padre José Sarabia. En marzo de 1941 (cuando ya se iba a clausurar) figuraba cómo capellán castrense de la prisión de Camposancos el sacerdote D. Hermenegildo Gil Millós. Fuera propuesto por el obispo de Tui, sucediendo a don Martín Alvarez Alvarez (parroco de Salcidos) que haía sido capellán desde abril de 1938.
El primer Jefe de ésta Inspección de Campos de Concentración fué Luís Martín Pinillos con sede en Burgos.
Este Campo de Concentración de El Pasaje – Camposancos tiene una historia muy triste para cientos y cientos de de ciudadanos (la mayoría ya fallecidos), asturianos, leoneses, castellanos, catalanes y gallegos, estando intimamente coaligado con la Prisión Habilitada en el Cuartel de Artillería de Figueirido (Pontevedra), con la Prisión Habilitada en la Isla de San Simón ( Redondela), la Prisión Habilitada en el Monasterio de OIA (Pontevedra), Campo de Concentración de Cedeira (A Coruña), Campo de Concentración de Rianxo (A Coruña)y de Muros de San Pedro.
El 17 de mayo de 1938 el Tribunal Militar Permanente Nº 1 de Gijón (Oviedo) presidido por el Comandante Caballero LuísVicente Sasiaín se traslada a El Pasaje Camposancos, estando constituído por:
Presidente: Comandante de Caballería Luís Vicente Sasiaín. Ponente: Capitan Honorífico del Cuerpo Jurídico Militar Julio García Rosado.
Fiscal: Alférez Honorífico del Cuerpo Jurídico Militar Guillermo Rodríguez Quirós.
Defensor: Capitan de Infantería Amable Cerviño.
Este Tribunal llevaba a cabo de cuatro a seis Consejos de Guerra Sumarísimos diarios, donde juzgaban?? entre seis a diez prisioneros cada vez. La vigilancia exterior en éste época estaba controlada por una Sección de Falange, la interior por el ejército.
Uno de los testigos (que aún vive en Asturias) es el Presidente de la Asociación de Antiguos Combatientes Republicanos de Asturias don Avelino Fernández Cabricano que estuvo prisionero en Camposancos desde 1937. Era Tte de la 2ª Sección de Estado Mayor del XIV Cuerpo de Ejército al mando de don Francisco Galán, pasando mil y una privaciones despues de ser capturado, estuvo varias veces a punto de ser fusilado, y por suerte el 9 de marzo de 1938 fué enviado a un Batallón Disciplinario en Miranda de Ebro.
(…) cuando llegamos al campo de concentración la miseria, la cantidad de piojos, es inenarrable. Hubo que tirar los calzoncillos y quitar los bolsillos a los pantalones para poder rascarnos mejor. Estábamos llenos de piojos. De comer eso sí, nos daban en abundancia: patatas y berzas, todo lo que quisieses, en un plato de metal; y algunas veces hasta nos llegaron a dar un poco de vino…A los enfermos les daban leche aguada, “leche azul” que decían…
D. Marcelino Laruelo Roa una de las personas que más se ha preocupado en investigar el paradero y la vida de muchos prisioneros de guerra, escribió el libro “La Libertad es un bien muy preciado”.
D. Santiago Casares Quiroga xefe do goberno da IIª República cando un 18 de xullo de 1936 se subleva parte do exército contra o goberno republicano lexitimado nas urnas en febreiro desde mesmo ano.

José Luís Lomba Alonso.
D. José Luís Lomba Alonso de A Guarda también investigó los archivos del Registro Civil de A Guarda.
D. Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” es un testigo directo de todos los sucesos ocurridos en A Guarda y que vivió en carne propia.
Y el que suscribe José Antonio Uris Guisantes que también investigó y sigue investigando el paradero y las vicisitudes por las que pasaron muchos republicanos y sus familias.
As comunicacións por estrada dende A Guardafacíanse a través de Caminha collendo o tren ata Tui, debido a que a estrada dende A Guarda a Tui e dende A Guarda por Baiona-Vigo eran tan pésimas que dende setembro a maio as dificultades eran enormes. Concretamente en O Pasaxe no ano 1825 había unha barca grande con capacidade para 25 persoas e outro mais pequeno para 12 persoas, os barqueiros debían arrendalo servicio ao Concello de A Guarda por 20 reais cada mes, o billete de ida e volta era de “cinco cuartos” por persoa, por cabalería vinte cuartos, debendo de ser as barcas portuguesas – con mais capacidade – as que transportasen as cabalerías.

Juan Yague un dos xenerais sublevados contra a IIª República incorporado ó do Bando Nacional de Francisco Franco.
Para a vixilancia había xa un servicio de policía, debido a que dende tempo inmemorial o intercambio comercial entre ambas poboacións foi moi intenso, existindo un nome especial para as mercancías que non pasaban polas aduanas “o pisco”.
No ano 1824 o Concejo de La Foz del Miño estaba formado por A Guarda, Salcidos, Camposancos, O Rosal, San Juan de Tabagón, San Miguel e As Eiras.
En 1840 viñan atracando no peirao de O Pasaxe barcos procedentes de Vigo, A Coruña, Alacante, Valencia,etc.
A mediados do século XIX ( 1855), atopamos referencias do serradoiro de madeira de don Manuel Antonio Candeira, mais tarde dos irmáns Candeira González ( Constante e Matías).

D. Constante Candeira González. Fotografía inserta no Libro Programa das Festas do Monte de 1963, ano do 50 Aniversario da Romaría Enxebre no Trega. Constante foi o membro da Sociedade Pro Monte que propuxo(e foi aprobada) a idea de facer un xantar das familias dos socios e do pobo no Trega. Presidía a Comisión de Festas neste 1963 don Alfonso Martínez Peniza, alcalde don José Luís García Pérez.
Un dos comerciantes importantes de A Guarda no século XIX foi don Juan Antonio Español López finado en 1854 con unha importante infraestructura comercial no Pasaxe de importación e exportación de mercadorías. Fora deputado provincial, sendo unha xestión persoal a construcción do actual ponte Tamuxe ( antes de madeira ) entre 1844-45, encargado a don José Fernández de Goián. Por súa conta construíu embarcadoiros e facilitou a construcción de barcos de madeira.
Segundo don Antonio García Lago, don Juan Español López era dono de 16.470 varas en terreos, solicitando seu fillo don Domingo Español Cividanes en 1876 a redencióndas taxas estatais a don José María Gribe de Madrid polos que pagou ao Estado 375,50 reais.

Estrada Real a Tui, hoxe rúa Galicia. A esquerda está o As de Copas, onde hoxe comeza a rúa Domínguez Fontenla. A dereita a Casa Otero, hoxe Colexio San Xerome.
No ano 1859 aínda existía unha fábrica de xabón na Armona, mercada por don Domingo Español Cividanes, mais tarde vendida aos irmáns don Bautista e don Vicente París Morla instalaron un serradoiro de madeira, solicitando ao estado unha concesión administrativa do uso dos peiraos por cen anos en 1896, aínda que debían despachalos embarques na Aduana de O Pasaxe, estas instalacións foron vendidas a Serrarías del Miño, logo pasou o bispado de Tui-Vigo para facer un Seminario, sendo vendido a Cerámica Domínguez de Levante S.A. Cedolesa para fabricar ladrillos, e finalmente unha empresa de construcción de A Guarda se fixo ca propiedade construíndo un complexo de apartamentos coñecido como Apartamentos Armona.
En 1894 o Concello de A Guarda instalou uns barracóns de madeira onde se habilitaron os Servicios de Sanidade para poder poder facer revisión médica aos tripulantes das embarcacións chegadas de tódalas partes do mundo, máxime nesas datas nas que apareceu o “cólera morbo” que xa afectara en 1854 os portos de Vigo, A Coruña, Baiona e Pontevedra, estas instalacións aínda existen hoxe, lugar onde sería mais axeitado construíla Estación Marítima para o transbordador e non o MAMOTRETO que mandou construír Portos de Galicia.
Onde está hoxe a Estación Ornitolóxica de ANABAM estaba emprazada a “estufa” que eran unhas instalacións sanitarias onde se desinfectaban as roupas dos enfermos e dos tripulantes dos barcos que estaban en “corentena” fondeados no río.
Nos anos 1897-1900 figura tamén como dono dun Forno de Cal D. Teodoro Sabariz. A comezos do século XX a sociedade Manuel Domínguez y Cia., comeza a construíla fábrica La Camposina ( sería esta a mais grande de todas as da Bisbarra) ., coincidindo ca inauguración do posto de Carabineiros de Costas y Fronteiras, disoluto en 1968.

Aspecto da rúa Domínguez Fontenla, meses antes da urbanización. Fotografía de Dosio Fernández dende a República Dominicana.
Outra empresa de O Pasaxe foi Domínguez Hnos y Trigo. Se destacan nestes anos de 1911 os vapores La Guardia, Unión, Galicia, Hernani, Lista e os bergantíns Perla e María Asumpta ( construído en Cataluña en 1904, e afundido nas costas de Cornualles despois de 137 anos de singraduras).

Pailebote Constantino Candeira na súa botadura en 1915 nos estaleiros Candeira, sitos en Camposancos O Pasaxe.
Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.
Un 11 de xaneiro de 1924 o pailebote Constantino Candeira queda varado no baixo Robalixeira nunha noite de auténtica galerna. Carlos Candeira foi outro barco de carga, e en 1920 tivo lugar un acto multitudinario ca botadura nos estaleiros de O Pasaxe o barco Celso Candeira, onde navegou o poeta Manuel Antonio (1900-1930) autor da obra “De Catro a Catro”, tamén navegaron o Río Miño, o canoneiro Gaviota, o vapor Mardomingo 14, o veleiro Delfina María ou Delfina Amalia.
En 1880 foi construída a actual rampa-varadoiro, sendo elemento importante no desenrolo de O Pasaxe nas primeiras décadas do século XX.
D. Domingo Español Cividanes sendo alcalde de A Guarda en 1850 arranxou por primeira vez a Alameda é abriu a estrada para carros dende A Guarda ata O Pasaxe, anos mais tarde convertida en estrada C-550 ( as malas linguas daquela criticaron que era en beneficio do propio alcalde que tiña os negocios no Pasaxe). Segundo D. Evaristo Rivera, (…) D. Domingo era una figura descollante entre la burguesía de la comarca..
Dende 1855 a 1865 existía unha compañía de vapores entre Caminha e Valença e intercambio comercial entre Caminha e Monçao. Segundo don Ernesto Iglesias Almeida (…) con barcos movidos a vara, remo, vela y vapor…
Cregos de Arbo, Tui e outras localidades van celebralas misas en igrexas e capelas de portugal e a inversa.

Fotografía de alumnas pobres do Colexio HH. Carmelitas anos trinta do século pasado. Patio onde estaba a virxe Vedruna, como se pode comprobar varias nenas estaban descalzas. Fotografía de Concha Andrés.
En 1884 o serradoiro dos Candeira traballaba a tope, sendo neses anos o tráfico fluvial dos mais intensos da historia, onde controlaba as entradas e saídas un Contramestre de Río.
Ao Pasaxe chegaba viños de xerez, vinagre, azucre, pedra de cal, xabón, figos, pasas, canela, algodón, café, escobas, barallas, libriños de papel para ligar o tabaco, sal, botóns, productos químicos, papei do estado, e enfermidades infecto contaxiosas como o cólera ou a gripe.
Saían toneladas de madeira en táboas e tablillas, barricas de cal en po, louza, congro seco,etc.
Por fin en 1896 inaugúrase unha “estrada moderna” gracias as xestións do deputado conservador don Ezequiel Ordóñez González (Neto de guardeses), coñecida como Estrada Real a Tui, e que comeza na Praza do Reloxo, as beira rúas da rúa da Praza Nova ( Joaquin Alonso) datan de 1832 que foron pagadas, xunto as da rúa Vicente Sobrino por don Bernardo Martínez Ameal o igual que o cemiterio parroquial de San Pedro que cedeu a parroquia en 1834, cemiterio que foi trasladado a Paraños-Sestás.
Un Real Decreto do 23 de abril de 1897 ordena que cada barco ( dePortugal ou de España ) que tivese o privilexio para o servicio de transporte de pasaxeiros ou mercadorías debía levar unha bandeira con unha P de cor negro no centro, se tivera outra barca, esta última debía pagar 20 reis en Portugal, e 10 céntimos en españa, a barca privilexiada por cada pasaxeiro ou mercadoría ata 100 quilos.

Fotografía de don Generoso Alvarez Seoane.
Imaxe dunha “gasolineira” que facía a viaxe de pasaxeiros entre o peirao de O Pasaxe e Caminha. Esta fotografía correspondea chegada de don Bernardino Machado Guimaräes ex presidente da República Portuguesa exiliado a España despois do golpe de estado do xeneral Antonio Óscar Carmona de Fragoso.
D. Bernardino estivo na Guarda en 1934 hospedado no Hotel del Tecla, propiedade de don José Ramón Sobrino Arias (hoxe oficina de La Caixa), logo trasladouse ao chalé da familia Candeira (hoxe Hostal Martirey) ata 1935, data na que o goberno da república obrigouno a abandonala zoa preto da fronteira (premidos polo goberno portugués do primeiro ministro Antonio de Oliveira Salazar, un dos crueis dictadores da Península Ibérica).
Se escribe que fora vixiado pola PIDE (Policía Internacional e de Defensa do Estado), pero debemos desmenti-lo debido a que a PIDE foi creada en 1945 polo Decreto Lei nº 35.046 de 22 de outubro.
A policía secreta que vixiaba ou espiaba a don Bernardino Machado era a PVDE (Policía de Vigilância e Defensa do Estado) creada en 1933 polo Decreto Lei nº 22.992 do 29 de agosto. Tiña dúas Seccións, nesas datas dirixida polo capitán Agostinho Lourenço: Secçao de Defensa Política e Social, e Seccçao Internacional que sería a que espiaba na Guarda a don Bernardino e séquito.
En 1934 (ano no que se expía a don Bernardino) a PVDE era responsable da emigración e fiscalización das axencias de pasaxes, dos pasaportes. Neste mesmo ano mercé o Decreto Lei nº 24112 do 29-7-1934 asume unha nova Sección: Secçao de Presos Políticos e Sociais para prover ao sustento, manutención, garda e transporte dos presos políticos e sociais, preventivos ou xulgados.
Esta foi a policía secreta portuguesa que entregaba aos republicanos españois na fronteira, os que logo eran condenados por rebelión militar e a meirande parte fusilados ou paseados.
Sería famosa a prisión de Tarrafal (Colonia Penal de Cabo Verde) coñecida polos presos politicos-sociais cómo “a frigideira” (frixideira), onde faleceron 32 presos políticos, entre eles o Secretario Xeral do Partido Comunista Portugués. Tamén no Forte de Peniche cumpriron penas “delincuentes políticos” contrarios a Antonio de Oliveira Salazar.
Por outra banda a PIDE (Policía Internacional e de Defensa do Estado) creada en 1945 cómo “un organismo autónomo da Policía Judiciária”. Podía facer uso da tortura e de prisión psicolóxica que foran unha constante o longo do NOVO ESTADO de Oliveira Salazar.
Miles de cidadáns portugueses foron presos e moitos faleceron en prisión, outros saíron con graves lesións psicolóxicas ou en moi mal estado de saúde. A Guerra Civil nas Colonias de Ultramar intensificou o traballo desta policía política. En 1969 o goberno de Marcelo Caetano extinguiu a PIDE creando a DGS (Direcçao Geral de Segurança).
Un dos sucesos de mais sona a nivel interancional foi ó asasinato do xeneral portugués Humberto Delgado e súa secretaria Arajaryr Campos en Badajoz en 1974.
Casimiro Emérico Monteiro, xefe de brigada da PIDE foi o autor dos asasinatos, apoiado por sete axentes a suas órdenes tenderon unha trampa ó xeneral Humberto Delgado a través do traidor infiltrado Mario Carvalho que o levou (co pretexto de facer unha reunión con politicos contrarios o Réxime Portugués)a unha finca chamada “Los Armerines” o lado de Olivenza, onde sería asasinado xunto a secretaria.
Aplicábase nos intercambios comerciais o “Reglamento de Comercio Fluvial”.
En 1909 don Juan Cervera Valderrama Tte de navío e comandante da canoneira Perla con base en Tui, publicaba en La Integridad de Tui (…) El Miño es el VIVERO más rico y productivo que tiene la Península Ibérica…, calculándose que neste ano había mais de 3.000 pescadores na augas do Miño.
Panorámica do Colexio de O Pasaxe- Camposancos da Compañía de Xesús en 1908 chamado “Colegio Apóstol Santiago”. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.

José Antonio Uris Guisantes.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Viernes 4 de Marzo de 2005

Comentarios

Mi más sincera enhorabuena por este fantastico reportaje.
Enviado por: Alex el Lunes 7 de Marzo de 2005 a las 09:49
Dende Redondela, nun lugar moi próximo ás illas de San Simón e Santo Antonio, a miña noraboa, un bo traballo.
Enviado por: gonzalo amoedo lópez el Miércoles 4 de Mayo de 2005 a las 18:00
Felicitaciones por este reportaje, Mi abuelo vino a Chile en el barco Winnipeg,refugiado, que bueno hubiera sido que hubiera alcanzado a leer estas paginas, bueno ahora lo hace su nieta, en horabuena....Berta
Enviado por: Berta Suárez Cofré el Jueves 9 de Junio de 2005 a las 05:16
Magnifica historia del edificio que albergo durante casi un siglo la vida de la Compañia de Jesus en Galicia.Me siento muy feliz de recordar mis dias de ejercicios espirituales,en el entonces seminario. Los partidos de futbol,que jugue,contra los seminaristas,siendo alunno del Colegio "Apostol Santiago" de Vigo.Gracias por rememorar,la vida de colegio,aun cuando yo vivi unicamente los años 50. Pancho Casteleiro.
Enviado por: Pancho Casteleiro el Jueves 14 de Julio de 2005 a las 22:14
El articulo, estupendo.Mi abuelo Serafin fue barquero entre españa (a Pasaxe) y Portugal (Camihna) muchos años. Mi padre por su edad conoce a mucha gente de la que sale en este reportaje,y tambien fué alumno de los jesuitas en Portugal.
Nuestro agradecimiento al Sr.Uris Guisantes por hacernos sentir esa agradable nostalgia.
Enviado por: ANGELES G.GANDOY el Martes 23 de Agosto de 2005 a las 10:03
Hola,
He leído con mucho interés vuestro artículo.
Mi abuelo estuvo unos meses encerrado en el campo de concentración de Santa Mª de Oya, pero en algunos documentos me figura el nombre de Camposancos. ¿Es el mismo campo de concentración?, ¿teneis información al respeto? ¿sabéis si existe algun archivo con la documentación de los presos que estuvieron el el campo de concentración?
Agradeceré cualquier información. Muchas graciasJaume Prat(Girona).
Enviado por: jaume prat el Lunes 31 de Octubre de 2005 a las 09:18
Desearía contactar con Angeles G. Gandoy y Jaume Prat,por una investigación sobre el recinto de camposancos que estamos llevando a cabo. Muchas gracias por adelantado a ambos. Un cordial saludo. Pepe Ballesta
Enviado por: jose ballesta el Domingo 25 de Junio de 2006 a las 14:22
Estoy buscando datos sobre mi abuelo quien fue prisionero en el campo de concentracion de Santa Maria de Oya. Su nombre era Conrado LLuch Guardia y solo se que murio el dia 3 de abril del 1939.
Enviado por: Anna Lluch el Domingo 10 de Septiembre de 2006 a las 20:55
Hola: mi abuelo fue fusilado en galicia, el hombre dejo mujer y tres hijos, ya solo viven dos de ellos. Creemos que esta enterrado en una fosa comun en Tui, pero no sabemos nada mas, tenemos unas cartas de él que son para que se te pongan los pelos de punta. Me gustaría poder llevarle flores.
su nombre era Jose Antonio Fernández Bermudez y residia en La Felguera - Langreo - Asturias.
Por favor respondanme algo.
Muchas gracias.
Enviado por: covadonga el Domingo 12 de Noviembre de 2006 a las 19:08
Hola,
Justo acabo de ver la presentación en Gijón de un documental titulado "MEMORIAL CAMPOSANCOS" en el que aparte de revisar la historia de este edificio hay testimonios de personas que en su día estuvieron en el campo de concentración. Lo que no se es cómo conseguirlo, se que esta financiado por el principado y/o ayuntamiento así como por izquierda unida. Me han dado un teléfono al que llamar en un par de semanas para poder hacerme con una copia. TFNO.985181115.
Enviado por: Liliana el Miércoles 25 de Abril de 2007 a las 22:28
ola
ijo de la gran puta
Enviado por: sara el Sábado 8 de Septiembre de 2007 a las 01:06
Mi padre estuvo en el campo de concentracion de Santa Maria de Oya pero no tengo ningun documento que conste que estuvo alli. Sabeis si hay algun archivo con datos de los presos?.Agradederia cualquier tipo de informacion al respecto. Me gustaria contactar con Jaume Prat de Girona, me parece que buscamos la misma informacion.
Enviado por: Angela Peig el Martes 5 de Febrero de 2008 a las 00:59
Esetimado amigo:
Lo primero daros las gracias por el estupendo articulo que escribisteis y despues preguntaros como hijo de fusilado (Herminio Sanchez Martinez) el 2 del julio del 38 en Tui, Como puedo interpretar que en la partida de defuncion del juzgado ponga devio de ser enterrado en el cementerio de Tui y al final reecalca que vale devio de.... El sumario del consejo de guerra el documento del capitan medico esta firmado en Tui. Pero su cuerpo no aparece en ninguno de los cementerios de la zona.
Gracias por todo.
Herminio Sanchez
Enviado por: Herminio el Martes 11 de Marzo de 2008 a las 10:56
Acompaño en el sentimiento y doy el pésame a todos los familiares de las víctimas.
Es triste recodar penas, pero tenemos que ser consecuentes con las tragedias, les puedo asegurar que la gente de a píe siempre estamos obligados a obedecer, no hay otro camino para nosotros.
Por este motivo escribo estas letras, pero antes de nada debo comentar algo muy importante, me refiero a las promesas del Presidente de España Sr. Rodríguez, junto al tripartito de Cataluña su presidente Sr. Montilla, tambien ocupan la presidencia en su ausencia los Sres. Rovira, Saura y Maragall.
Estas personas son unos fariseos, son mentirosos, mienten para estar en el poder, sin tomar ninguna responsabilidad.
Les digo la injusticia que cometieron en su dia, hoy el Gobierno Español y el Gobierno Catalan, niegan tener papeles, niegan el crimen que cometieron con mi padre Político, es facil para los Rodríguez y Rovira, mentir, ellos ya lo hace todos los dias.
SOLO QUIERO QUE ME DEN POR ESCRITO, LA LLAMADA A FILAS POR PARTE DE LA REPUBLICA, A MI PADRE POLITICO, SOLO TENIA 15 AÑOS, ESO ES SOCIALISMO, POR FAVOR QUE ALGUIEN DE LA CARA Y LO JUSTIFIQUE POR ESCRITO.
EN BARCELONA FUERON REQUERIDOS A FILAS 60 JOVENES ENTRE 15 Y 16 AÑOS, CAYERON PRISIONEROS POR EL EJERCITO LLAMADO NACIONAL, ESO SI FRANCO NO LES FUSILO, AHORA SI LES ESTAN FUSILANDO ESTOS GOBERNANTES QUE NO TIENEN CONCIENCIA, NI VALOR PARA DECIR QUE NIÑOS DE 15 AÑOS, LES LLEVARON A LA GUERRA, QUE VERGUENZA DE POLITICOS QUE NO DICEN LA VERDAD.
Enviado por: Jesús el Jueves 13 de Marzo de 2008 a las 00:28


Basilio Carrero

José Antonio Uris Guisantes

 D. Basilio Carrero Lorenzo presidente da Entidade Local menor de Camposancos, dende 1931 ata o 27 de xullo de 1936, data na que foi detido polos militares e falanxistas sublevados contra A IIª República Española.

Único delito de don Basilio, estar ao fronte dunha Entidade e ser republicano confeso. Levado a Tui e logo xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo por "rebelión militar", de miragre nun foi "paseado" como a tantos outros guardeses ou baixomiñotos. Sendo  condenado a trinta anos de reclusión, ingresou de inmediato no Penal da Illa de San Simón (Redondela) e finando de "nefritis aguda" as tres horas do día 31 de xullo de 1939. ¡E non fixera mal a ninguén!.


Basilio Carrero Lorenzo Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos en 1935, con 52 anos


En 1925 máis de cen veciños solicitan a constitución da Entidade Local Menor de Camposancos



D. Antolin Silva Vicente Alcalde republicano polo Partido Radical na Guarda.


En marzo de 1925, mais de 100 veciños de Camposancos asinaron unha instancia solicitando ao Concello da Guarda a constitución dunha Entidade Local Menor en Camposancos, as reunións tiñan lugar no adro da igrexa parroquial sendo abade don Serafín Sueiro Sueiro.


Un 28 de abril de 1925, en sesión extraordinaria, a Corporación Municipal que presidía o Alcalde don Manuel Álvarez Álvarez "RECONOCE LA EXISTENCIA DE TAL ENTIDAD LOCAL MENOR, ACUERDA que se cumpla lo mandado en el artículo 4º del Reglamento del 2 de julio de 1925".


A anterior "Junta Administrtiva del Coto" composta por don Basilio Carrero Lorenzo (que en 1931 será presidente da propia Entidade Local Menor) don Armindo Sobrino; don Dionisio Vicente; don Maximino Sobrino e don Dionisio Carrero, CESAN e entregan a primeira Xunta Directiva da Entidade Local Menor de Camposancos RECOÑOCIDA pola Corporación os libros de Actas, de Rendimentos e de contabilidade, así como 677,75 pesetas en metálico [segundo escribíu don Antonio García Lago].


A Xunta queda así:


Presidente don Domingo Domínguez
Vicepresidente don Francisco González
Secretario don Armindo Sobrino
Tesoureiro don Bienvenido Vázquez.
 Logo vén a II República e volven os problemas ao negarse  a tal existencia..........
Nembargantes en 1936 a cousa cambia:
Relata noso amigo don Juan Noia Xil no seu libro FUXIDOS (Edición xerais 1996) [.....] "O declarse o Movimiento actuaba de presidente da Entidade Local Menor de Camposancos don Basilio Carrero Lorenzo, camposino cen por cen e cun afán desmedido de conseguir para a súa aldea o maior e progresivo benestar.
Coa colaboración de Camilo Carrero Lorenzo (Nota de Uris:gran de amigo pero non era familiar apesares dos apelidos) e algúns mais, iniciouse a construcción da estrada de Baixada á praia de O Muiño (Nota de Uris: chamada "Carretera de Camposancos a Barra del Miño"), que favoreceu a inauguración da mesma e que posibilitou que na actualidade estea dotada dos máis indispensables servicios e dun hotel importante, repleto un ano tras doutro por turistas, non só nacionais, senón inlgeses, alemáns e franceses.
Este bo cidadán, que se desvivía polo solar nativo, comparece en Consello de Guerra e resulta condenado a 20 anos (30) de prisión.
O seu informe resumíronno así: " No tiene malos antecedentes sociales, aunque profesa ideas socialistas".
Por algo era íntimo de Roque Camilo Carrero Lorenzo primeiro líder socialista na IIª República Española e presidente da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos, fundada en 1931 e finiquitada coa entrada das tropas militares na Guarda as 14,30 horas do día 27 de xullo de 1936.
Descanse en paz un dos bos e xenerosos que loitaron por un pobo mellor e que fixeron unha aposta social polos que menos tiñan
Inxustiza e represión na Entidade Local Menor de Camposancos en 1936.
Ca chegada a Vila de A GUARDA no día 27 de xullo de 1936 [as 2,30 h.] das tropas e falanxistas sublevadas contra a II República, pasaron a ser detidas todas aquelas persoas republicanas con cargos politicos, sindicais ou simplemente porque foron acusadas de non ir a misa, non estar casados, ter fillos sen bautizar etc., etc.
Varias ducias de guardeses e algunhas guardesas (incluídos camposinos) foron detidos, fusilados, rapado o pelo, tragaron aceite de ricino ou foron para a prisión de Tui, da Illa de San Simón, ó Campo de Concentración de Camposancos, "paseados" ou a Batallóns Disciplinarios, así como a combater ao propio Fronte de Guerra, contra os seus mesmos compañeiros republicanos "o ibas o te mataban"..... 
Pois ben don BASILIO CARRERO LORENZO no día 27 de xullo/36 seguía sendo o Presidente Oficial (elixido democráticamente dende decembro de 1931) da Entidade Local Menor de Camposancos. Foi preso, xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo salvándose de non ser fusilado ou "paseado", condenado a trinta anos de reclusión "por rebelión". 
Internado no Penal da Illa de San Simón en Redondela, cheo de pena e tristeza, porque como a miles de republicanos non fixera mal a ninguén, era unha persoa moderada e respetuosa cos demais .
Falece de "nefritis aguda" ás tres horas do día 31 de xullo de 1939. Nese momento se nos foi outro dos "bos e xenerosos guardeses". 
NOTA: Todas aquelas persoas que saiban algo sobre a historia de A Guarda<> Camposancos están enteradas dos contenciosos habidos dende sempre entre as autoridades locais no Concello e os representantes camposinos na Entidade Menor. Primeiro, como Comisión Administradora do Coto, e logo, como Entidade Local Menor.
Non foi ata o 19 de abril de 1963 cando o Ministerio de Gobernación "consideró razonadamente los bienes procedentes del antiguo COTO como COMUNALES y LA EXISTENCIA DE LA ENTIDAD MENOR DE CAMPOSANCOS".
O Gobernador Civil ordena ao Alcalde da Guarda, José Luís García Pérez, que convoque para o día e de xuño/63 unha Sesión Extraordinaria para levar a termo a ORDEN MINISTERIAL referente á Entidade Local Menor de Camposancos, desiñando VOCAIS a José Luís Lomba Alonso, "maestro nacional", e a Camilo Pérez Vicente, "con estudios universitarios" [ e obvio dicir que con Franco a democracia e as eleccións libres pasaran a historia o 17 de xullo de 1936].
O 10 de xuño o Alcalde da Guarda propón ao Gobernador Civil como Alcalde-Pédaneo da Entidade Menor e Presidente da Xunta Veciñal a don Nicolás Gutiérrez Campo, mestre nacional; a don Antonio Aira Gallego, mestre nacional, e a don Camilo Pérez Vicente, industrial.
O día 20 de xuño o Gobernador Civil de Pontevedra nomea Alcalde Pédaneo a don Nicolás Gutiérrez Campo, sendo vocais don José Luís Lomba Alonso e don Camilo Pérez Vicente. As 19,30 h. do día 25 de xuño de 1963 o Alcalde OFICIALMENTE, NO GOBERNO DO XENERALÍSIMO, RECOÑECE Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS dando posesión dos cargos diante da Corporación en Pleno, quedando para sempre lexitimada a Entidade Local Menor a quen tantos atrancos e dificultades se lle puxeran dende o Concello e dende a Comisón do Coto, da que falaremos outro día.

Lembrar  que a primeira vez que un Alcalde da Guarda acudiu a Camposancos para dar fe da toma de posesión do Presidente da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor foi don Manuel Álvarez Vicente, asistido polo Secretario do Concello, don Adolfo Mosquera Castro. Foi o día 25 de maio de 1925. Era presidente don Domingo Domínguez e Vocais don Armindo Sobrino e don Francisco González. 
Certificado de defunción de don BASILIO CARRERO LORENZO Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos asinado polo médico don Teófilo Abad Fernández.

Copia do escrito dirixido ao Gobernador Civil de Pontevedra por don Agustín Moreira Portela (xenro de don Basilio) co obxecto de podelo soterrar baixo a terra do seu querido pobo de CAMPOSANCOS.
Quero dar gracias a Basilio Moreira Carrero, neto de don Basilio, pola entrega da documentación e a fotografía.

Penal da Illa de San Simón, en Redondela, onde tivo que ingresar don Basilio Carrero Lorenzo por ser republicano, presidente da Xunta da Entidade Local Menor de Camposancos e permanecer fiel a IIª República Española que votara democráticamente.
Por certo esta Xunta Xestora da Corporación Municipal  presidida presidida por don Nicolás Alonso Linares chegou a depurar a tódolos empregados municipais:
"Dada cuenta que de las averiguaciones practicadas con posterioridad al Informe emitido por la Alcaldía referente a la conducta y antecedentes politicos de TODOS los empleados dependientes de este Ayuntamiento y depurada escrupulosamente su actuación, RESULTA que don Gerardo Trigo Sobrino, Inspector de Arbitrios; don Ricardo Sobrino Babarro y don Avelino Portela Lorenzo, guardas de campo y don Emilio Alvarez Alonso, relojero municipal, por su marcada tendencia izquierdista a cuyas agrupaciones han pertenecido, pueden calificarse como contrarios a la Orientación del actual Gobierno o Junta de Defensa Nacional; visto lo dispuesto por la superioridad respecto al particular teniendo en cuenta otros extremos que robustecen aquel crietrio RESOLVIENDO con arreglo a las reformas aludidas, la Corporación por unanimidad ACUERDA que se declaren cesantes en sus funiones........
Con don Basilio Carrero no Lazareto da Illa de San Simón, estaba de capelán o xesuíta Padre Nieto,  [...] capellán, jesuíta grande, fuerte, bruto, jesuíta de arado, que todos los domingos desde el púlpito, después de misa, en la capilla del Lazareto de San Simón predicaba que había que matar a todos los rojos....

En una prédica dirigida a los primeros presos republicanos en el Frontón de Vigo en agosto de 1936, BRAMABA: “¡ En estos tiempos heroicos hay tres maneras de morir:
En la cama, cuando el Señor nos llama a su seno; en el frente, ganando honra y gloria para la Patria, y en la carretera, cómo perros rabiosos!. ¡Vosotros, que estáis próximos a morir, debéis ante todo poneros a bien con DIOS y escoger luego la muerte que mejor pueda redimiros de vuestros pecados....”.    (o morrer na carretera referíase a ser “paseados”).
O Reverendo Padre Nieto, xesuíta, seguía percorrendo as prisións de Vigo en outubro de 1936...... Dende abril de 1937 o Padre Nieto intensificou as visitas “pastorais” ó Penal da Illa de San Simón coincidindo coa chegada do novo Director, Carlos Hidalgo.
Cita sobre o Padre Nieto de  don Ángel Fernández del Río “Angelito” natural de Cangas e barbeiro de profesión con 33 anos de idade, [....] “¡Agárrense y siéntense en el suelo!”, “¡Asesinos!”, “¡Hijos de sin padre!”.
Este Padre Nieto xa non volveu a Illa dende o día 28 de outubro de 1938.
A partires deste 1938 chegan a Illa de San Simón centos de vellos republicanos procedentes doutras prisións, cheos de piollos e de enfermidades, chegaron a falecer ata quince diarios.........
Tamén chegou a coñecer a Monseñor Emilio Álvarez “O Reiciño”, personaxe importantísimo do falanxismo vigués, moi coñecido daquela cómo Xefe da Falanxe, cura que decidía sobre a vida e a morte.....
Segundo escribiu don Gerardo González Martín en La Voz de Galicia do 10 de abril de 1988: [....] “MONSEÑOR Emilio Álvarez “O Reisiño” fue Camarero Secreto Supernumerario del papa Benedicto XVI, Prelado Doméstico del Papa Pío XII. El Régimen Salvador de España no sintió ninguna repugnancia ni incompatibilidad con tales personajes, sino que antes los encumbra y defiende, cubriéndolos con su manto protector de tódas las impunidades.
Este sacerdote Monseñor, pequeño, enjuto, de rápidos movimientos, era de una crueldad feroz....hombre sin ningún escrúpulo moral....
Outro “Reiciño” (este  estivo preso tamén no Lazareto),  foi ALFREDO BAUTISTA ALCONERO, membro das Xuventudes Socialistas de Ponteareas. Secretario de Comercio da U.G.T.. Detido o 21 de xullo de 1936 no alto de XINZO (Ponteareas) cando acudían no auxilio dos republicanos de Tui. Levado a Pontevedra e logo trasladado ao Penal da Illa de San Simón. Consello de Guerra Sumarísimo en decembro de 1937, foi condenado a trinta anos de reclusión.
En agosto de 1940 foi posto en liberdade.

Tamén coñeceu ó Director da prisión do Lazareto Fernando Lago Búa, ao médico Bustelo e ó Tte. Francisco Rodríguez alcumado “El Rabioso”, incursos (os dous primeiros) en extorsións económicas aos presos, denunciados polo prestixioso médico don Ramón de Castro, Director do Instituto Nacional Antituberculoso, tamén preso no Lazareto e solto varias veces, ata que despois de pagar o chantaxe a que o tiñan sometido, escribiu a seu amigo (no Bando Nacional de Franco) o xeneral Severiano Martínez ANIDO que era daquela Director Nacional do Instituto Nacional Antituberculoso.
Fernando Lago Búa, funcionario de prisións destinado na prisión de Vigo en 1936 foi trasladado á prisión de Pamplona. Nesta cidade coincide co xeneral Emilio Mola Vidal a quen lle sirve de contacto levando e entregando información confidencial.
Tanto o director cómo o propio médico foron detidos (polo TTe. Fco Rodríguez "O Rabioso") por orden do Comandante Militar da Praza de Vigo Felipe Sánchez Rodríguez, xulgados en horas e fusilados.
A Xunta Directiva da Entidade Local Menor de Camposancos, presidida por don Basilio Carrero Lorenzo, tomou posesión o 25 de decembro de 1931, con el estaban don Bernardo González; don Maximino Sobrino; don José Vicente; don Juan Antonio Moreira Portela e don Generoso Carrero. O 31 de decembro o Alcalde republicano, Celso Candeira Pérez (1º Alcalde da IIª República na Guarda) oficia (Oficio nº 689) a Entidade Local Menor o feito de que "no puede existir legalmente y sí como Junta Administrativa del Coto, con arreglo al artículo 90 y siguientes de la Ley Municipal" .


O 24 de xaneiro de 1932 o goberno da II República decreta a expulsión dos PP. xesuítas portugueses de O Pasaxe, dando unha semana de prazo. D. Basilio foi testemuña directa da marcha dos xesuítas un 3 de febreiro de 1932, quedando as instalacións baixo a tutela do Concello de A Guarda.
D. Basilio Carrero Lorenzo como presidente da Entidade Local Menor, en marzo de 1932, propón oficialmente  ó Ministro de Instrucción Pública a creación dunha Escola Elemental de Traballo e a súa instalación no colexio dos xesuítas en O Pasaxe, por  [....] "la clase más necesitada de instrucción teórica y hasta práctica en la distintas ramas de la enseñanza industrial es la clase obrera. Los escasos medios que disponen los obreros de estos contornos no les permiten desplazarse a dichos centros de enseñanza y el que más cerca se halla (está distante cerca de cincuenta kilómetros) es VIGO" .[ Heraldo Guardés do 19 de marzo de 1932].        

Na Sesión Supletoria da Corporación Municipal do 1 de agosto de 1934 sendo Alcalde don Antolín Silva Vicente (polo Partido Radical de Lerroux) e concelleiros Dámaso Ramón Trigo, Emilio Álvarez, Santiago González Sobrino, José Lomba, Juan Álvarez e Juan Noia Xil, (que polos motivos que sexan non asinou a Acta) ACORDAN:
Junta Administrativa del Coto: "En vista de la respuesta de la Alcaldía cuando estaban declarando en el expediente sobre la tala de pinos, don Basilio Carrero Lorenzo y don Bernardo González, porque no se les convocaba en acta su representación de la Entidad Local Menor de Camposancos, ACUERDA la Corporación, una vez más, NO RECONOCER la existencia de tal Entidad Menor que, como todas las demás no son hoy más que Juntas Administrativas, según así lo han declarado la Dirección General de Administración Local y el Excmo. Sr. Gobernador Civil de Pontevedra, cuando fueron consultados sobre la materia".
[As distintas Corporacións Locais de A Guarda nunca aprobaron a existencia da Entidade Local Menor de camposancos, tendo que ser instancias gubernativas as que puxeran un punto e aparte neste contencioso local]
Así na Sesión Supletoria do 24 de novembro de 1935 (tamén presidida por don Antonio Silva Vicente) lese a INSTANCIA DE LA ENTIDAD LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS.
"Se da lectura a la instancia presentada y suscrita por don Basilio Carrero Lorenzo y don Benardo González, presidente y secretario respectivamente de la Entidad Local Menor, exponiendo entre otros razonamientos que por el Ayuntamiento sea oficialmente reconocida tal Entidad por la Corporación, después de las acertadas manifestaciones del Sr. Alcalde y 2º Tte. Alcalde don Camilo Carrero Lorenzo, se ACUERDA someter el acuerdo a estudio y resolver lo que proceda dentro del plazo de quince días"....   
Na  Sesión Supletoria da Corporación do 8 de decembro de 1935  (tiña que ser o día 6 e non tiveran quorum).

ENTIDAD LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS.
 Habiendo manifestado la presidencia que no se ha recibido todavía del Tribunal Provincial de lo Contencioso la copia de la instancia presentada en nombre de la Entidad de la cual se dió cuenta en sesión de 24 de noviembre último cuyo requisito acordó obtener la Alcaldía para resolver la petición formulada, se ACUERDA por unanimidad, que quede sobre la mesa, interin no se reciba contestación de aquel Tribunal"...
 
En Sesión do 8 de outubro de 1936 a Corporación aproba (por Orden do Gobernador Civil) a destitución da Xunta ou Directiva da Entidade Menor de Camposancos. Era Alcalde don Nicolás Alonso Linares, "O Lamprea", e concelleiros Mariano Jiménez Huete; Marcelino Portela Portela; Francisco de Santiago Álvarez; Gregorio Portela Vicente
Antes, no mes de agosto, D. Nicolás Alonso Linares, como Alcalde, e os concelleiros : Marcelino Portela Portela; Francisco de Santiago Álvarez; Gregorio Portela Vicente (tomou posesión nesta Sesión) e Mariano Jiménez Huete (o Síndico José Jurado Romero de triste lembranza para moitas familias guardesas foi cesado fulminantemente polo Gobernador Civil, en vista dos informes que sobre os seus desmáns tiña enriba da mesa), APROBARON:
"Seguidamente y previa deliberación se acuerda proponer al Excmo. Sr. Gobernador Civil de la Provincia y Delegado de Orden Público que proceda a la destitución y cese de la Junta Administritava del Coto de Camposancos por llevar sus componenetes al frente del cargo desde el mes de diciembre de 1931, y hallándose además detenido en la cárcel de Tuy el que ejercía las funciones de Presidente, como complicado en los recientes sucesos revolucionarios y ser en su mayoría afiliados al Frente Popular, indicando la Presidencia las personas que en su caso habrán de sustituir a aquellas, si así lo dispone la Superioridad".
O Gobernador ordena delegar en Marcelino Portela para que se encargue da documentación, fondos e menaxe que corresponda á Entidade.
Non contentos coa destitución e  aldraxe ao Presidente da Entidade, esa Corporación Xestora do Concello permítese aprobar un escrito de  "ACATAMIENTO AL GOBIERNO" proposto  por don Nicolás Alonso Linares (Sesión 20 de agosto 1936):
"Seguidamente el Sr.Presidente manifiesta que sus primeras palabras son de respeto y acatamiento a las disposiciones de la Junta de Defensa Nacional establecida en Burgos a quien reconoce la máxima autoridad, en estos momentos tan difíciles para la Patria que pretendían esclavizar los revolucionarios marxistas y que el oportuno Movimiento Militar, secundado por el pueblo sensato viene a salvaguardar del peligro rojo que le amenazaba, adhiriréndose  a tales manifestaciones los demas componentes de la Corporación y acordándose hacerlo constar en el acta”.
Colexio dos PP. Xesuítas da Provincia de Portugal, onde don Basilio Carrero Lorenzo (en nome da Entidade Local Menor de Camposancos) quería que se fixera escolas, que hoxe se chaman de FORMACIÓN PROFESIONAL, para os que menos tiñan e non podía economicamente acudir a Vigo.
A Guerra Civil fustrou os seus desexos e o Penal da Illa de San Simón, xunto co  Tribunal Militar que o xulgou, acabaron con el en 1939.   
Como di o filósofo REYES MATÉ [....] "La memoria moral no es recordar el pasado, sino reivindicar el sufrimiento oculto como parte de la realidad o, lo que es lo mismo, denunciar toda construcción de presente que ignora la vigencia de una injusticia pasada".

..."Y si hubo un injusticia pasada y no ha sido saldada, la memoria proclama la vigencia de esa injusticia".....



MEMORIA HISTÓRICA DE A GUARDA
REGISTRO CIVIL DE A GUARDA – XULGADO DE PAZ
LIBRO DE DEFUNCIONES TOMO Nº 35
 
 Persoas executadas polas ideas políticas ou falecidas no Campo de Concentración de Camposancos, durante a Guerra Civil Española de 1936 a 1939, permanecendo algúns dos  prisioneiros de guerra no Campo de Concentración ata 1941.

                     Prisión Habilitada para Campo de Concentración no Colexio dos P.P. Xesuítas, Colexio APOSTOL SANTIAGO. O Pasaxe- Camposancos - A Guarda (a esquerda, na foto).
    O 10 de agosto de 1.936 por orden do capitán Teresa da Garda Civil procedente do cuartel de VIGO foron fusilados habendo feito un simulacro de  Consello de Guerra, facendo de  presidente o Capitán Teresa e de fiscal o Tte de Carabineiros Salvador Buhigas Novo, no lugar de PARAÑOS  preto do cimiterio coñocido cómo de SESTÁS os seguintes guardeses republicanos:
    D. Julio Saavedra Galiñanes (folio nº 96) de 26 anos solteiro, natural de A Guarda, fillo de José e María de profesión xornaleiro "muerto por la fuerza pública".
   D. Herminio Domínguez Pérez (folio nº 97) de 22 anos, solteiro, natural de A Guarda, fillo de Emilio e Benita de profesión xornaleiro."muerto por la fuerza pública".
   D. José Alonso Portela (folio nº 98) de 24 anos, solteiro natural de A Guarda, filo de Juan e de María de profesión chófer."muerto por la fuerza pública".
   D. Antonio Domínguez Pacheco (folio nº 99), de 32 anos, natural de A Guarda, fillo de José e María, figura cómo de profesión pescador. casado con Dona Manuela Baz, no dejando sucesión [debemos de engadir que a tía Manuela estaba embarazada é os poucos meses naceu Antonio Domínguez Baz]. Figura no Xulgado "muerto por la fuerza pública". Manuela adicouse a vender peixe polas portas, sendo acollida por unha familia, por unha boa familia de A Guarda, que sempre a axudou.
  D. Angel Domínguez Pacheco (folio nº 100) de 35 anos, natural de A Guarda, de profesión pescador, fillo de José e María, casado con Dona Purificación González Alonso, deixando dous fillos, Olga e Senén.
   A viúva de Angel tivo que poñerse a traballar en Serrerías del Miño no Pasaxe para poder sacar adiante os dous fillos.
   Estes cinco guardeses fusilados "por la fuerza pública" foron os que finalmente entraron na lista definitiva que regatearon o Capitán Teresa e Salvador Buhigas Novo co Alcalde Francisco Moreno Álvarez "Paco Moreno", falanxistas locais, e empresarios guardeses simpatizantes da dereita local, pois a lista que estes militares traían era de preto de trinta republicanos guardeses.
    A Corporación nomeada polos militares era: Alcalde-Presidente: Francisco Moreno Álvarez; Iº Tte Alcalde: Mariano Jiménez Huete [fotógrafo]; 2º Tte Alcalde: Marcelino Portela Portela; 3º Tte Alcalde: Francisco de Santiago Álvarez; Síndico: José Jurado Romero [médico de Tui casado na Guarda e irmán xemelgo de Angel Jurado Romero dono do restaurante no Tecla, hoxe edificio do Museo].
     A reunión tivo lugar no meo día deste fatídico 10 de agosto no restaurante de D. Angel Jurado Romero [hoxe Museo do Tecla], a partir dése día dimite o Alcalde [asustado polos acontecementos que estaban acontecendo  na Guarda en apenas vinte días], é os militares en Sesión do 15 de agosto nomean a D. Nicolás Alonso Linares "O Lamprea".

 
               Por Orden do Comandante Militar de Tui e diante do sarxento de Carabineiros Miguel Torrón Fernández “cómo comandante militar de esta plaza”, confirmando aos demais membros da Corporación nos seus cargos, menos ao Síndico José Jurado Romero que é substituído por Gregorio Portela Vicente.  
     Nicolás Alonso Linares alias “O Lamprea” presenta o Punto: “Acatamiento al Gobierno”. [....] sus primeras palabras son de respeto y acatamiento a las disposiciones de la Junta de Defensa Nacional, establecida en Burgos a quien reconoce la máxima autoridad, en estos momentos tan difíciles para la Patria que pretendían esclavizar los revolucionarios marxistas y que el oportuno Movimiento Militar secundado por el pueblo sensato viene a salvaguardar del peligro rojo que le amenazaba, adhiriéndose a tales manifestaciones los demás compañeros de Corporación y acordándose hacerlo constar así en acta.
 Secretario do Concello: D. Antonio Vidal Pérez.
 

  Nota: Subliñar que tamén foron detidos outros dous  irmáns: Jesús e Francisco Domínguez Pacheco, todos eles irmáns de D. Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" (na foto, con bastón, e ó seu lado, Uris Guisantes, autor desta reportaxe, nun momento da súa intervención).
             Foran detidos inmediatamente despois da chegada das tropas "nacionais" A Guarda un 27 de xullo de 1.936 as 2,30, [despois de escapar ó monte, logo de que o día 26 os nacionais romperan as defensas do Baixo Miño na Costa da Moura en O Porriño], e levados ao Centro de Reclusión de Detenidos y Sospechosos no Colexio Apóstol Santiago dos P.P. Xesuítas no Pasaxe-Camposancos, mais tarde convertido en Campo de Concentración cando caíu o frente de guerra asturiano."Dende o momento do fusilamento destes irmáns de Taxota o medo comeza a facer mella en toda a familia, pais irmáns, fillos, etc"...."O infortunio chegou de golpe á familia!...
           Jesús e Francisco, e outros guardeses máis, foron trasladados a Tui onde foron xulgados por un Tribunal Militar, condenan a Jesús a “veinte años de prisión militar por auxilio a la rebelión”. A Francisco retíranlle o nomeamento de patrón de costa tendo que ir a traballar ó mar de simple mariñeiro.
             Manuel Domínguez Pacheco non foi detido por estar a traballar en Camposancos no baixo da casa dun particular, co encargo de facer os mobles para o casamento de D. Benito Pérez Cividanes e Dona Nicasia Costa Veiga.
  Outros fusilados na Guarda que non eran veciños e non están na Fosa Común:
  D. Celestino Balsas Vello (folio 117), de 24 anos solteiro, natural de Puerto (A Coruña), fillo de Pedro e Francisca, faleceu o 23 de setembro de 1936 "muerto a consecuencia de choque con fuerza armada a las 15 horas en las inmediaciones del cementerio de ésta Villa”.(Sestás).  
  D. Manuel Barracido Balsas Vello (non figura na relación do Xulgado é aparece no libro de Noia “Fuxidos” pax. 260)  de 23 anos, natural de Porto-A Coruña, fillo de Manuel e Luzdivina, fusilado xunto a Celestino Balsas Vello en Sestás, despois de ser entregado no Pasaxe pola PIDE portuguesa.
  D. Cleominio Muñiz Lorenzo (folio 274), de 18 anos, solteiro, natural de Avilés (Asturias), fillo de Xoaquin e de Manuela. "Señales personales: ojos lánguidos, pelo castaño, cejas castañas, nariz achatada, barba regular y boca idem y de estatura l metro y 65 centímetros."Falleció en el campo de concentración de El Pasaje de Camposancos el día 18 de noviembre de 1.937 a las 21,30 horas a consecuencia de un. “Su cadaver habrá de recibir sepultura en el cementerio de Camposancos".
.
PRISIONEIROS DE GUERRA NO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS

En praca de mármore graváronse os nomes de tódolos soterrados na Fosa Común do Cemiterio Civil de Sestás
. Fusilados diante dun pelotón o día dous (2) de xullo de 1938 as seis da maña nas inmediacións do cemiterio de Sestás ( Fosa Común). Todos eles faleceron a consecuencia de: "HEMORRAGIA INTERNA" tomo nº 35:
  D. José Velázquez Velázquez (folio 357), de 51 anos, natural de Salas (Oviedo) fillo de Manuel e Florentina.
  D. Luís Palacios González (folio 358), de 20 anos, natural de Ciaño (Oviedo), fillo de Rafael e Xulia.
  D. Julio Paredes Alvarez (folio 359) de 30 anos, natural de León, fillo de Pedro e Fernanda.
  D. Urcisino Fernández Rodríguez (folio 360), de 24 anos, natural de La Felguera –Oviedo, fillo de Juan e Josefa.
  D. José Mª Fernández Inclán (folio 36l), de 27 anos, natural de Figares – Oviedo, fillo de Jesús e Emilia.
  D. Rafael Rodríguez Llera (folio 362), de 34 anos, natural de Bergüenda-Lantarón-Álava, fillo de Juan e de María.
  D. José Redondo Álvarez (folio363), de 56 anos, natural de Castrielos – León, fillo de Francisco e Joaquina.
  D. Gregorio Bañuelos González (folio 364), de 38 anos, natural de Porquera-Palencia, fillo de Juan e Benita.
  D. Avelino Martínez Huelga (folio 365), de 34 anos, natural de Mieres –Oviedo, fillo de Vicente e Vicenta.
 D. Victoriano Roldán Simón (folio 366), de 29 anos, natural de Salinas-Oviedo, fillo de Froilán e Marina.
 D. Servando Blanco Fernández (folio 367), de 49 anos, natural de Soto del Barco –Oviedo, fillo de Romualdo e Josefa.
 D. Ulpiano Sánchez Hevia (folio 368), de 25 anos, natural de Gijón, fillo de Silvestre e Virginia.
   D. Lorenzo Álvarez Alonso (folio 369), de 28 anos, natural de Villamartín del Sil –León, fillo de Francisco e María.
  D. Hermógenes Díaz Alvarez (folio 370), de 34 anos, natural de Oviedo, fillo de Saturnino e Laura.
  D. Lisardo Gutiérrez Avella (folio 371), de 22 anos, natural de Paradaseca –León, fillo de Santos e Teresa.
  D. Avelino Vega Martínez (folio 372), de 29 anos, natural de Mieres –Oviedo, fillo de Avelino e María.  
  D. Ramón Rodríguez Ruiz (folio 373), de 25 anos, natural de Ponferrada-León, fillo de Juan e Visitación.
  D. Belarmino Vargas Alvarez (folio 374), de 37 anos, natural de Pola de Lema-Oviedo, fillo de José e Jacoba.  
 D. José Ureta Blanco (folio 376), de 29 anos, natural de Ribadesella-Oviedo, fillo de José e Irene.
  D. Marcelino Blanco Cueto (folio 377), de 61 anos, natural de Infiesto-Oviedo, fillo de José e Irene.
 D. Félix Martín Estébanez (folio 378), de 27 anos, natural de Villllano-Palencia, fillo de Pedro e Constantina.
    D. Rafael Iglesias Díaz (folio 379), de 36 anos, natural de Torrelavega-Santander, fillo de Martín e Genoveva.
  D. Leoncio González Rodríguez (folio 380) de 32 anos, natural de Canales-León, fillo de Valeriano e Cirila.  
 D. Manuel Hernández Blanco (folio 381), de 26 anos, natural de La Riera-Covadonga –Oviedo, fillo de Tomás e Adela.
  D. Odón Pello-Pollo Díaz (folio 382), de 29 anos, natural de Santullano-Oviedo, fillo de Fermín e María.
  D. Benigno Piquero Noval (folio 383), de 53 anos, natural de Aramiel-Siero-Oviedo, fillo de Manuel e Ignacia.
  D. Bernardo Blanco Rodríguez (folio 384), de 28 anos, natural de Avilés-Oviedo, fillo de Bernardo e Eufrasia.
  D. Daniel de Las Heras Muñoz, (folio 385) de 28 anos, natural de Valladolid, fillo de Daniel e Basilia.
  D. Casimiro Ríos López (folio 386), de 31 anos, natural de Nueva-Llanes-Oviedo, fillo de Ramón e Valentina.  
  D. César López del Río (folio 356), de 25 anos, natural de Salas-Oviedo, fillo de Manuel e Serafina.    
 
Prisioneiros de guerra no Campo de Concentración de Camposancos fusilados diante dun pelotón de execución o día 20 de xullo de 1.938.
   Fusilados as seis horas da maña do 20 de xullo de 1938, no lugar de Paraños –Sestás, e soterrados nunha Fosa Común.  
     Todos eles faleceron a consecuencia de HEMORRAGIA INTERNA “unos, por dos, y otros, por tres heridas de arma de fuego”. “Se practica la inscripción en el Registro Civil, Tomo 35, en virtud de oficio del Sr. Juez Militar de Camposancos”:  
 D. Aurelio Cimadevilla Piquero (folio 390) de 35 anos, casado, non se sabe o nome da esposa, natural de Oviedo, veciño da Felguera, fillo de Severiano e Marina, de profesión carpinteiro.
 D. Francisco Alvarez Moscoso (folio 391) de 32 anos, casado, non se sabe o nome da esposa, natural de Senante –A Coruña, veciño de Santa Cruz-Mera A Coruña, fillo de Castor e María de profesión mariñeiro.
  D. Angel Faya Lovedo (folio 392) de 40 anos, solteiro, natural de Nava-Oviedo, fillo de Benito e Celestina, profesión cobrador.
   D. Abel González Sánchez (folio 393) de21 anos, solteiro, natural de Fabero-León, fillo de Ladislao e María, de profesión mariñeiro.  
  D. Felipe Menéndez Fernández (folio394) de 37 anos, casado, natural de Oviedo e veciño de La Felguera, fillo de Salvador e Belarmina, de profesión moldeador.
  D. José Rubín Suárez (folio 395) de 30 anos, casado, natural de Langreo-Oviedo, veciño de Turón, fillo de José e María, profesión minero.
   D. Marcelo Antonio González Seneque (folio 396) de 33 anos, casado, veciño de Mieres-Oviedo, natural de Palencia, fillo de Antonio e Brígida, profesión metalúrxico.
  D. Fernando Núñez da Costa (folio 397) de 42 anos , casado, veciño de Toral de los Vados-León, natural de Villareal-Portugal, fillo de Joaquin e Marina, profesión carpinteiro.
  D. José María Vallina Fernández (folio 398) de 25 anos, solteiro, veciño de Pola de Siero-Oviedo, natural da República Arxentina, fillo de Joaquín e Marina, profesión carpinteiro.
  D. Amadeo Prieto Pendas (folio 399) de 25 anos, solteiro, natural de Sevilla e veciño de Ribadesella-Oviedo, fillo de Ramón e Ramona, profesión mestre.
  D. Esteban Braga Rozado (folio 400) de 32 anos, casado, natural de Sama de Langreo-Oviedo, fillo de Jesús e Joaquina.
                                                    Siguen máis no TOMO nº 36:
    D. Rafael Gallego Fernández (folio 1) de 37 anos, casado, natural de Toro-Zamora e veciño de Gijón, fillo de Remigio e Valeriana.
  D. Enrique Belarmino Rodríguez García (folio 2) de 29 anos, casado, natural de San Martín del Rey Aurelio-Oviedo, fillo de Ricardo e Irene, profesión mineiro.
  D. José Olivar Roza (folio 3) de 36 anos, casado, natural de Gijón, fillo de  Rosa, profesión metalúrxico.
  D. Francisco Poo Fernández (folio 4) de 23 anos, solteiro, natural de Posada de Llanes-Oviedo, fillo de José e María, profesión mecánico.
  D. José Ramón Díaz Prieto (folio 5) de 25 anos, solteiro, natural de Pereda-Oviedo, fillo de David e María, profesión facultativo mineiro.
  D. Enrique García Vázquez (folio 6) de 36 anos, viúdo, natural de Gijón, fillo de Benito e Consuelo, profesión caldereiro.
   D. Manuel González González (folio 7) de 34 anos, casado, natural de San Martín del Rey Aurelio-Oviedo, fillo de Faustino e María, profesión mineiro.

 
RELACION DE FALECIDOS POR ENFERMIDADE  DENTRO DO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS
 
Xoán Noia Gil descubre, o 15 de agosto de 1985, o Monumento ós asasinados na Fosa Común. As bandeiras de Galicia e Asturias cubrían a mármore onde se gravaron os nomes dos que descansan neste lugar de Sestás
D. Anastasio Hernández Martín (folio 276) de 21 anos, solteiro, natural de Machico-Bilbao, fillo de Isidoro e Teresa.”Falleció  el día 8 de diciembre de 1937 a las 19 h. a consecuencia de fiebre tifoidea”.  
 
D. Maximino Díez Llorente (folio 277) de 54 anos, casado natural de Valencia de Don Juan (León), fillo de Fernando e Marcela. “Falleció el día 9 de diciembre de 1937 a consecuencia de “colapso cardíaco”.
 
D. Isidoro Prieto Polo (folio 280) de 28 anos, solteiro, natural de Mieres (Asturias), fillo de Félix e Pilar. “Falleció el 20 de diciembre de 1937 a las 16 horas, a consecuencia de “adenoma prostático”, según resulta de certificación facultativa, su cadáver habrá de recibir sepultura en el Cementerio de Camposancos, esta inscripción se practica en virtud de oficio del capitán Comandante Militar de Camposancos, consignándose además que el fallecido era prisionero de guerra”.  
 
           D. Ramón Llerandi Vallejo (folio 293) de 21 anos, solteiro, natural de Villamayor (Oviedo), fillo de Ramón e Basilia. “Falleció el día 16 de enero de  1938 a las 22 horas a consecuencia de“neumonía”, según certificación facultativa. Y su cadáver habrá de recibir sepultura en el cementerio de Camposancos. Esta inscripción se practica en virtud de Oficio del Comandante Militar de Camposancos, consignándose además que el finado era prisionero de guerra”.
 
  D. Inocencio Cuena Estalayo (folio 313) de 44 anos, viudo, natural de Mudá – Palencia, fillo de Francisco e María. “Falleció el día 6 de marzo de 1938 a las 18 horas a consecuencia de “nefritis”.
  D. Carlos Fernández López (folio 314) de 17 anos, solteiro, natural de Gijón – Asturias, fillo de Santos e Carmen. “Falleció el día 8 de marzo de 1938 a las 15 horas a consecuencia de “infección intestinal”.
  D. Camilo Álvarez Fernández (folio 326) de 23 anos, solteiro, natural de San Martín de Luíña –Oviedo, fillo de: “se ignora”. “Falleció el día 27 de marzo de 1938 a las 22,45 h. a consecuencia de “uremia consecutiva a angina gangrenosa”.
  D. Ovidio Arango García (folio 328) de 35 anos, solteiro. Natural de Los Cabos- Oviedo, fillo de Lucindo e Felisa, de profesión xornaleiro. “Falleció en la enfermería el día 3 de abril de 1938 a las 20 h. y 35 minutos a consecuencia de “laringitis tuberculosa consecutiva a tuberculosis pulmonar”.
  D. Vicente Rodríguez González (folio 330) de 19 anos, solteiro, natural de La Cabaña – Oviedo, fillo de Dimas e Encarnación. “Falleció el día 5 de abril de 1938 a las 20,45 h. a consecuencia de “edema pulmonar” (bronconeumonía)”.
  D. Antonio Leal Jiménez (folio 18) de 31 anos, solteiro, natural de Málaga, fillo de Antonio e Araceli.”Falleció el 17 de agosto de 1938 a las 17 h. de “bronconeumonía” (gripe).
  D. Alfonso Oballa Fernández (folio 30) de 19 anos, natural de Villaviciosa –Oviedo,  ignórase o nome dos pais. “Falleció el 1 de octubre de 1938 de “colapso” (tuberculosis pulmonar).
  D. Domingo Carbonell Sabaté (folio 69) de 20 anos, solteiro, natural de Las Franquesas –Barcelona, fillo de Pedro e Margarita, profesión labrego. “Falleció el 8 de febrero de 1939 a las 22 h. de “colapso cardíaco” (gripe cardíaca)”.
  D. Isidro Morlans Armengol (folio 73) de 40 anos, casado, natural de Puig –Gros (Lérida), fillo de José e Cecilia, profesión labrego. “Falleció el 16 de febrero de 1939 a las 2 h. de “colapso cardíaco” (gripe cardíaca).
  D. Marcos Gurrera Cervera (folio 74) de 37 anos, solteiro, natural de Barcelona, fillo de Juan e Ignacia, profesión albañil. “Falleció el 18 de febrero de 1939 a las 7 h. de “colapso cardíaco” (congestión pulmonar).
  D. José Llenas Cruañas (folio 81) de 28 anos, solteiro, natural de San Felíu de Guixols (Gerona), fillo de Pedro e Agustina de profesión escribiente. “Falleció el 25 de febrero de 1939 a las 18 h. de “meningitis baxilar (psicosis mental)”.
  D. Nicolás Vives Monsán (folio 88) de 38 anos, solteiro, natural de San Pol de Mar (Barcelona), fillo de Pedro e María. “Falleció el 15 de marzo de 1939 de “insuficiencia cardíaca (uremia)”.  
  D. Francisco Pedreny Mestre (folio 89) de 38 anos, casado, deixando tres fillos, natural de La Figuera –Tarragona, profesión chófer. “Falleció el 15 de marzo de 1939 a las 1 h. de “colapso cardíaco (nefritis)”.
  D. Pedro Paituvi Giraut (folio 90) de 26 anos, casado, natural de Barcelona, fillo de Vicente e Margarita. “Falleció el 16 de marzo de 1939 a las 12 h. de “colapso cardíaco (septicemia)”.
  D. Joaquín Ruiz Durán (folio 93) de 19 anos, solteiro, natural de Elche- Alicante, fillo de Francisco e Carmen, profesión labrego. “Falleció el 24 de marzo de 1939 de “tuberculosis pulmonar (embolia cerebral)”.
  D. Salvador Ortiga Torrres (folio 94) de 28 anos, solteiro, natural de Barcelona, fillo de Salvador e de María, de profesión xornaleiro.”Falleció el 24 de marzo de 1939 de tuberculosis pulmonar (embolia cerebral).
  D. Juan Calaf Fusalba (folio 95), de 24 anos, solteiro, natural de La Llacuna (Barcelona), fillo de José e Dolores.”Falleció el 26 de marzo de 1939 de “colapso cardíaco (peritonitis tuberculosa).
  D.Celestino García Fornet (folio 96), de 62 anos, casado, natural de Barcelona, fillo de José e Carmen, de profesión chófer.”Falleció el 3 de marzo de 1939 a las 10,40 h. de asistolia (miocarditis).
  D. Angel Pérez Sabal (folio 98) de 51 anos, casado con María Santamaría, natural de Benidorm (Alicante) de profesión carabineiro.”Falleció el 31 de marzo de 1939 de asistolia (asma cardíaca).
 
   D. Manuel Morraja Buj (folio 99) de 20 anos, solteiro, natural de Iglesuela del Cid (Teruel), fillo de Manuel e de Adelaida. “Falleció el día 6 de abril de 1939 a la 6 h. de colapso cardíaco (peritonitis aguda).

   D. Simón Gubau Clou (folio 100) de 40 anos, casado, natural de Santa Coloma de Farnés (Gerona), fillo de Pedro e María, de profesión “madreñero”. “Falleció el 6 de abril de 1939 a las 9,35 horas de “neoplasia intestinal (caquexia)”.

   D. José Borrull Canet (folio 101) de 49 anos, casado, natural de Barcelona, fillo de Feliciano e de Úrsula, comerciante. “Falleció el 6 de abril de 1939 a las 15 h. de coma urémico (esclerosis renal).
  D. Agustin Salvador Marimón (folio102) de 19 anos, solteiro. Natural de Ornellos de Nagaya (Lérida), fillo de Antonio e de Antonia, labrego. “Falleció el 11 de abril de 1939 a las 8,30 h. de colapso cardíaco (tuberculosis pulmonar).  
  D. Antonio Pérez Dueñas (folio 110) de 30 anos, solteiro, natural de Úbeda (Jaén), fillo de Martín e Tina María, carpinteiro. “Falleció el 2 de mayo de 1939 a las 8 h. de tuberculosis pulmonar.
  D. Jaime Ribalta Ríus (folio 111) de 38 anos, casado, natural de Guisona (Lérida), fillo de Juan e Teresa. “Falleció el 2 de mayo de 1939 a las 9 h. de septicemia (edema pulmonar).
 
  D. Benedicto Pedreira Puentes (folio 113) de 23 anos, solteiro, natural de San Miguel de Oia –Vigo, fillo de Celestino e Adelina, músico. “Falleció el 6 de mayo de 1939 a las 21 h. de embolia gaseosa (antrax gangrenoso).
  D. Juan Solé Sampé (folio 116) de 32 anos, casado, natural de Vilalba (Tarragona), fillo de Lorenzo e Josefa, carpinteiro. “Falleció el 12 de mayo de 1939 a las 9,40 h. de caquexia y colapso cardíaco (tuberculosis pulmonar).
  D. Rafael Castellnou Caballé (folio 118) de 29 anos, solteiro, natural de Tivisa (Tarragona), fillo de Domingo e María, labrego. “Falleció el 20 de maio de 1939 a las 15 h. de edema pulmonar (bronconeumonía).

  TOMO Nº 37
 

O 15 de agosto de 1985, coa presencia de familiares de fusilados en Sestás (na foto un grupo de asturianos), se descubriu a praca cos nomes dos asasinados na Guarda (De espaldas, o histórico republicano guardés, Manuel Domínguez Taxota).
 
D. Guillermo Ruía Peña (folio 7) de 24 anos, solteiro, natural de Arija (Burgos), fillo de Narciso e Leonor. “Falleció el 11 de febrero de 1940 a las 8,30 h. de tuberculosis pulmonar".
  D. Anselmo Gómez Guerra (folio 25) de 63 anos, natural de Santa Cruz de Retamar (Toledo), fillo de Restituto e Regina. “Falleció el 26 de marzo de 1940 de colapso cardíaco (uremia)".
  D. Ramiro García Rodríguez (folio 27) de 18 anos, solteiro, natural de Celadilla (León), fillo de José e Bernarda, soldado do Rexemento de Infantería nº 56 -1ª Compañía. “Falleció el 27 de marzo de 1940 a las 17 h. de embolia (endocarditis de origen reumática)".
  D. Juan Lafuente Utrilla (folio 29) de 62 anos, viudo, natural de Aguaviva de la Vega (Soria), fillo de Pedro e Gregoria. “Falleció el 1 de abril de 1940 a las 7 h. de parálisis progresiva (lesión medular)".
  D. Antonio Martínez Rivero (folio 32) de 32 anos, casado, deixando tres fillos, natural de El Astillero (Santander), fillo de Tomás e Lorenza. “Falleció el 9de abril de 1940 a las 10 h. de asistolia (tuberculosisi pulmonar)".  
  D. Regino Rodríguez Tuñón (folio 33) de 34 anos, casado con Adoración Alba, de Paradaseca (León), fillo de Agustín e Concepción, labrego. “Falleció el 12 de abril de 1940 a las 10,30 h. de caquexia ( tuberculosis pulmonar)".
  D. Eugenio Díez Castillo ( folio 36) de 49 anos, casado con Casimira Basualdo, natural de Castillo (Santander), fillo de Lorenzo e María, labrego. “Falleció el 19 de abril de 1940 a las 23 h. de insuficiencia cardíaca (tuberculosis renal y pulmonar)".
D. Santiago Zaldívar Rodríguez ( folio 43) de 58 anos, casado, natural de Santander, fillo de Melquiades e Germana. “Falleció el 28 de abril de 1940 a las 6 h. de asistolia (bronquitis crónica)".
 
D. Felipe Alba García ( folio 44) de 29 anos, solteiro, natural de Porquerizas (León), fillo de José e Constantina, labrego. “Falleció el 29 de abril de 1940 a las 18 h. de insuficiencia mitral (reumatismo articular agudo)".
 
D. Tomás Rodríguez Gómez (folio 68) de 24 anos, solteiro, natural de Reinosilla (Santander), fillo de Castro e Simplicia, labrego. “Falleció el 16 de junio de 1940 a las 14 h. de tuberculosis laríngea".
  D. Ramón Uncilla González (folio 71) de 41 anos, casado con Catalina Ondarre, natural de Sestao (Vizacaya), fillo de Epifanio e Carolina. “Falleció el 29 de junio de 1940 a las 7 h. de embolia (miocarditis de origen reumática)".
  D. Mariano Villegas García (folio 72) de 42 anos, casado con Brígida Díaz, natural de Sotillo (Guadalajara), fillo de Isidoro e María, labrego. “Falleció el 11 de julio de 1940 a las 6 h. de pleuritis".
  D. Ricardo Ruiz Saenz (folio 75) de 28 anos, casado con Isabel Luguera, natural de Oreña (Santander), fillo de Antonio e Pilar, camarero. “Falleció el 13 de julio de 1940 a las 6 h. de hemotipsis (tuberculosis pulmonar)".

Outra imaxe do 15 de agosto de 1985
 
D. Juan Bachero Lafont (folio 82) de 39 anos, casado con Encarnación, natural de Alcora (Castellón de la Plana), fillo de Juan e Paula, carniceiro. “Falleció el 11 de agosto de 1940 a las 3 h. de asistolia (nefritis urémica)".
  D. Lorenzo Mingo Estebab (folio 87) de 41 anos, casado con Marcelina Aparicio, natural de Laboreda (Guadalajara), fillo de Narciso e Nicolasa, labrego. “Falleció el 16 de agosto de 1940 a las 11 h. de tuberculosis pulmonar".
  D. Ciriaco Hidalgo García (folio 99) de 24 anos, solteiro, natural de Huélmeces del Cerro (Guadalajara), fillo de Fermín e Rosa, labrego. “Falleció el 24 de septiembre de 1940 a las 22 h. de meningitis tuberculosa (tuberculosis generalizada)".
  D. Manuel de la Rica Calderón (folio 101) de 68 anos, solteiro, natural de Guadalajara, fillo de José María e Carmen, mestre nacional. “Falleció el 28 de setiembre de 1940 a las 7 h. de uremia (mal de Bright)".
  D. José Alfonso Varea (folio 108) de 70 anos, casado con Clotilde Guirat, natural de Valencia, fillo de José e María, albañil. “Falleció el 21 de octubre de 1940 a las 8 h. de uremia (insuficiencia renal)".
  D. Antonio Viejo Espino (folio 127) de 52 anos, casado con María Carmen Núñez, natural de Ahillones (Badajoz), fillo de Carlos e María. “Falleció el 26 de diciembre de 1940 a las 16 h. de debilidad senil (diabetes crónica)".
  D. Bartolomé García Letán (folio 132) de 65 anos, viudo, con 4 fillos, natural de Lupiana (Guadalajara), fillo de Antonio e Segunda, albañil. “Falleció el 5 de enero de 1941 a las 4 h. de peritonitis (flemon inguinal)".
  D. Sebastián Domínguez Fuentes (folio 135) de 18 anos, solteiro, natural de Almonacid de Zorita (Guadalajara), fillo de Valentín e Luisa. “Falleció el 10 de enero de 1941 a las 13 h. de tuberculosis pulmonar".
  D. Agustin Casablanca Cabeceras (folio 136) de 60 anos, casado, natural de Villagonzalo (Badajoz), fillo de Felipe e Rosa, xornaleiro. “Falleció el 23 de enero de 1941 a las 11 h. de colapso cardíaco (degeneración senil)".
  D. José Martín Fernández (folio 142) de 39 anos, casado, natural de Castuera (Badajoz), fillo de Fernando e Francisca. “Falleció el 21 de enero de 1941 a las 14 h. de colapso cardíaco".
  D. Felipe de La Fuente Carrillo (folio 144) de 45 anos, casado, natural de Maqueda (Toledo), fillo de Nicasio e Baltasara, xornaleiro. “Falleció el 27 de enero de 1941 a las 4,30 h. de tuberculosis intestinal".
  D. Damián García León (folio 148) de 31 anos, solteiro, natural de Valdenuño (Guadalajara), fillo de Eusebio e Gregoria, zapateiro. “Falleció el 2 de febrero de 1941 a las 9,30 de caquexia tuberculosa (tuberculosis pulmonar)".
  D. Antonio Tenorio Torres (folio 149) de 61 anos, casado, natural de Quismondo (Toledo), fillo de Gumersindo e María. “Falleció el 3 de febrero de 1941 a las 3,30 h. de caquexia (avitaminosis)".
  D. Agustín Yust Prieto (folio 151) de 33 anos, natural de Altura (Castellón), fillo de Miguel e Gregoria. “Falleció el 7 de febrero de 1941 a las 15 h. de caquexia (tuberculosis pulmonar)".
  D. José Valdayo Rovira (folio 153) de 54 anos, casado, natural de Villafarnés (Castellón), fillo de Angel e María. “Falleció el 19 de febrero de 1941 a las 11,30 h. de coma (hemorragia cerebral)".
 
D. Enrique Martínez Alonso (folio 162) de 48 anos, casado, natural de Valdeconcha (Guadalajara), fillo de Simón e Crisanta. “Falleció el 8 de marzo de 1941 a las 10 h. de colapso (insuficiencia cardíaca)".
  D. Cándido Sánchez Martín (folio 169) de 61 anos, casado, natural de Mora (Toledo), fillo de Santiago e Inés. “Falleció el 13 de marzo de 1941 a las 23 h. de caquexia (enteritis crónica).
  D. Timoteo Peño Jiménez (folio 184) de 58 anos, casado, natural de Belvis de la Jara (Toledo), fillo de Bonifacio e María. “Falleció el 2 de mayo de 1941 a las 14,30 h. de colapso cardíaco".
  D. Eduardo Ramos Urlecea (folio 185) de 54 anos, casado, natural de Portugalete (Bilbao), fillo de Sabino e Serapia. “Falleció el 4 de mayo de 1941 a las 18,30 h. de caquexia".
  D. Luciano Delgado Martínez (folio 186) de 58 anos, casado, natural de Fuentes de la Alcarria (Guadalajara), fillo de Santos e Marina. “falleció el 8 de mayo de 1941 a las 14,30 de bonconeumonía senil (gripe)".
  D. Florencio Barrasa Resino (folio 195) de 31 anos, solteiro, natural de Hinojosa de San Vicente (Toledo), fillo de Leoncio e María. “Falleció el 7 de junio de 1941 a las 17,30 h. de coma (parálisis general)".
  D. Florencio Bravo de Francisco (folio 199) de 49 anos, casado, natural de Matas (Guadalajara), fillo de Gregorio e Perfecta. “Falleció el 18 de junio de 1941 a las 16 h. de colapso (insuficiencia cardíaca)".
  D. Diego Vizcaíno Sánchez (folio 205) de 57 anos, casado, natural de Montealegre (Albacete), fillo de Juan e María. “Falleció el 29 de junio de 1941 a las 4 h. de colapso (caquexia)".
 D. Félix Díaz López (folio 208) de 47 anos, casado, natural de Cedillo del Condado (Toledo), fillo de Ramón e Eugenia. “Falleció el 2 de julio de 1941 a las 20,45 h. de pleuritis".
  D. Valeriano Rodríguez González (folio 215) de 56 anos, casado, natural  de Los Alares-Los Navalucillos (Toledo), fillo de Bruno e Juana. “Falleció el 8 de julio de 1941 a las 23,40 h. de edema pulmonar (insuficiencia cardíaca)".
  D. Antonio Pérez Guerra (folio 225) de 40 anos, casado, natural de Caín (León), fillo de Miguel e María. “Falleció el 13 de julio de 1941 a las 11 h. de caquexia (tuberculosis intestinal)".
 D. Nemesio Sánchez Sánchez (folio 226) de 38 anos, casado, natural de Acicoya, fillo de Alejandro e Eugenia. “Falleció el 31 de julio de 1941 a las 17 h. de caquexia".
  D. Benito de la Peña Martínez (folio 228) de 55 anos, casado, natural de Ajofrín (Toledo), fillo de Mariano e Juana. “Falleció el 5 de agosto de 1941 a las 6 h. de caquexia (enteritis crónica)".
  D. José Moran Bandujo (folio 235) de 54 anos, casado, natural de Gijón, fillo de Andrés e Natividad. “Falleció el 16 de agosto de 1941 a las 6 h. de edema pulmonar (nefritis)".
 
D. Gabino Don Gil De Diego (folio 238) de 50 anos, casado, natural de Junquera de Henares (Guadalajara), fillo de Quintín e Susana. “Falleció el 26 de agosto de 1941 a las 15,30 h. de asistolia (insuficiencia mitral)".
  D. Toribio Fernández Gil (folio 240) de 61 anos, casado, natural de Oropesa( Toledo), fillo de Francisco e Bernardina. “Falleció el 28 de agosto de 1941 a las 8 h. de coma (embolia cerebral)".
  D. José Dastres Requejo (folio 241) de 22 anos, solteiro, natural de Villarnaz-Coles (Orense), fillo de Antonio e María. “Falleció el 31 de agosto de 1941 a las 17 h. de asistolia (tuberculosis pulmonar)".
 
José Antonio Uris Guisantes
    Nota: A partir desta data non aparece no rexistro Civil de A GUARDA, ningún outro dato de prisioneiros de guerra falecidos no campo de Concentración de Camposancos.
Colaboraron nesta Memoria Histórica don Manuel Domínguez Pacheco, a súa dona Concepción Andrés García e José Luís Lomba Alonso que buceou nos arquivos bastantes meses.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario